Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común presenta unha moción en apoio ao pobo saharaui

Publicada el noviembre 25, 2020noviembre 25, 2020

Ferrol, 25 de novembro de 2020

Ferrol en Común leva a Pleno esta moción en apoio ao pobo saharaui “polas circunstancias dramáticas que están a vivir a día de hoxe e a tolerancia das grandes potencias internacionais” explicaba o voceiro de FeC, que as calificaba coma “inadmisibles” pois están mirando cara outro lado mentres o goberno marroquí quebranta os Dereitos Humanos de todo un pobo. Ademais, tamén queremos denunciar “a falta de contundencia do estado español” dicía Jorge Suárez, “o cal ten unha débeda histórica co pobo saharaui para a celebración dun referendo”. Dende Ferrol en Común, “cremos que todas as administracións e sociedade civil debe posicionarse para que esta situación de agresión pare definitivamente” reclamaba o edil, e por fin o pobo saharaui poida realizar o ansiado referendo que culmine coa súa proclamación coma nación ceibe e independente.

“En Ferrolterra, leva moitos anos funcionando o programa de Vacaciones en Paz” lembraba Jorge Suárez. Este programa ademais de servir de acción de apoio para nenos e nanas pertencentes a unha zona na que non existe un estado do benestar coma o noso e que ademais viven en condicións climáticas extremas, “tamén para nós, cando estábamos no goberno, era unha acción de visibilización do problema político existente no Sáhara e de apoio ao Frente Polisario” explicaba Suárez.

Con esta moción, que tamén se presenta noutros concellos amigos do pobo saharaui, queremos reivindicar unha solución política a este conflito político e facer un chamamento á ONU e a MINURSO, así coma o Estado Español, para que salden a débeda pendente actuando coma intermediarios na celebración dun referendo.

Pola súa parte, o representante de SOGAPS afirmaba que “chegou o momento”. Explicaba que o pobo que habita no Sáhara é un pobo pacífico e que leva 29 anos agardando un referendo que nunca chega. Polo que é “agora ou nunca” e “ eles están no frente e nós dende aquí facemos o que podemos para apoialos e para que o goberno español déase conta de que a maioría da poboación quere que o Sáhara sexa do Sáhara” remataba Manuel.

Finalmente, Suso Basterrechea poñía o foco na preocupación que padecen as familias da comarca que cada ano reciben aos nenos e nenas saharauis e que xa son parte da familia. “O drama e tensión que están a vivir estas familias é fácil de entender” dicía o concelleiro, pois moitos deses nenos e nenas xa teñen idade para estar en primeira liña.

Para rematar, dende Ferrol en Común facemos un chamamento para acudir á concentración que terá lugar mañá, xoves, ás 19.30h en todas as cidades galegas, e aquí en Ferrol será na Praza Amada García. 

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Fernando, o gavilán enero 14, 2021
  • FeC considera que as axudas do PAME III son insuficientes e chegan tarde diciembre 28, 2020
  • FeC demanda solucións inmediatas, áxiles e reais para os sectores vulnerables diciembre 21, 2020
  • Un ano perdido diciembre 19, 2020
  • FeC cualifica o 2020 coma “ano en branco” en políticas de igualdade diciembre 18, 2020
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información