Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC amosa o seu apoio aos hostaleiros e comerciantes da nosa cidade

Publicada el diciembre 2, 2020diciembre 2, 2020

Ferrol, 2 de decembro de 2020

Hoxe pola tarde terá lugar unha nova concentración impulsada por moitos dos sectores que están a sufrir as consecuencias económicas desta pandemia que parecer non ter fin. Ferrol en Común participará activamente, coma sempre fai, na mobilización amosando o seu apoio a todos os sectores afectados polas restricións impostas devido á situación sanitaria da Covid-19.

Dende FeC consideramos que estamos a pedirlles a algúns sectores un esforzo titánico e o xusto é que as administracións, ao mesmo tempo, tamén o fagan. A elaboración rápida de axudas que lles dean un respiro aos hostaleiros, ocio nocturno, sector cultural entre outros, é de vital importancia para que moitos deles conserven os seus negocios cando isto remate. Este goberno local parece non saber o que está a sufrir un dos sectores máis maioritarios da nosa cidade, pois o retraso nas axudas que tanto anunciaron dende os seus atrís é inasumible e pon de manifesto a nefasta xestión que están a levar cabo poñendo unha vez máis os trámites burocráticos por diante das persoas e as súas necesidades. 

Ao principio da pandemia, este grupo municipal instou ao goberno local a presentar uns orzamentos express que se centrasen en paliar o golpe que ía deixar esta crise socio-sanitaria e fai meses, pedímoslle ao goberno elaborar un plan a longo prazo pois non parece que as vagas da covid-19 vaían a desaparecer e non queremos que volva a ocorrer o que está acontecendo: sectores coa súa actividade parada, sen ingresos e unha entidade local que reacciona tarde.  Dende Ferrol en Común, consideramos que máis alá dos anuncios fai falta concreción inmediata nas medidas e bases a aprobar, negociadas e con dotación económica e requisitos de acceso sinxelos para as persoas afectadas. Unha vez máis, poñémonos do lado da xente, dos veciños e veciñas e dos traballadores e traballadoras, e urximos a este goberno a que acelere na elaboración das axudas e a súa posterior convocatoria e concesión.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apoia ás mobilizacións convocadas por SOS Sanidade Pública abril 20, 2021
  • Ferrol en Común presenta as súas alegacións á Ordenanza de Tráfico, Circulación e Seguridade Viaria abril 6, 2021
  • Ferrol en Común demanda a protección do cadro de persoal do Hospital Juan Cardona e a garantía da prestación de servizos sanitarios na venda do centro marzo 26, 2021
  • FeC insta ao goberno a mellorar a administración electrónica e á adhesión a Axenda 2030. marzo 23, 2021
  • Ferrol en Común celebra o avance da rehabilitación integral no Barrio de Recimil e anima ao goberno a seguir dando pasos decididos marzo 11, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información