Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común considera intolerable a actitude da RAG

Publicada el diciembre 9, 2020diciembre 9, 2020

Ferrol, 9 de decembro de 2020

Hoxe acudiremos á presentación da Fotobiografía Sonora “Carvalho Calero sen fronteiras” no Teatro Jofre, un dos poucos actos que se realizarán para conmemorar o Día das Letras Galegas, pois nin o goberno local amosou un gran interese na divulgación da súa figura; nin a Real Academia Galega contribuíu a impulsar as celebracións na súa cidade natal, Ferrol; nin a pandemia deixounos organizar as homenaxes que o ilustre profesor merece.

Péchase un 2021 que aínda que non o pareza, levará o nome de Carvalho Calero. Detrás de este nomeamento agóchase un camiño que non foi doado, pois foi necesario moito traballo e demasiada insistencia, coma se non falaran por si sós os propios logros do autor ferrolán. No 2008, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade solicitarlle á Real Academia Galega a dedicación do Día das Letras Galegas do ano 2009 a Carvalho Calero. Esta proposta naceu do movemento asociativo ferrolán, que non cesou no seu empeño impulsando ata en 4 ocasións máis a solicitude de outorgamento do Día das Letras Galegas ao nomeado académico, e realizando diversas actividades para promover a súa homenaxe e dar a coñecer a súa obra e legado na nosa cidade.

No 2019, este grupo municipal presentou unha moción para instar de novo á Real Academia Galega a outorgarlle o tan merecido recoñecemento ao ilustre ferrolán, sendo, por fin, a derradeira.

Despois do longo camiño que lle tocou recorrer a un traballo colectivo, sufrimos o golpe da Covid-19 que viu a ensombrecer a ansiada homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, pero o máis decepcionante é non contar coa comprensión da Real Academia Galega que ademais de non levar a cabo nin un só acto de recoñecemento a unha das figuras máis relevantes da cultura galega na súa cidade natal, tampouco organiza o Plenario do Día das Letras Galega na nosa urbe, levándoo a Santiago de Compostela e amosando unha total falta de respecto cara os ferroláns e ferrolás.

Dende Ferrol en Común, consideramos esta actitude incomprensible pois é intolerable que se marxine desta forma á cidade onde o ilustre autor ferrolán naceu e pasou a maior parte da súa vida desenvolvendo a súa gran traxectoria, ademais de sentirnos altamente descontentos coa falta de respecto cara un amplo traballo realizado polo tecido asociativo e profesionais do mundo da cultura co que favoreceron a divulgación da obra do que foi, no seu día, membro da propia Real Academia Galega, e que hoxe, nin celebra actos para conmemorar a figura do profesor na súa cidade natal, nin ten en consideración ás nosas propostas de adiar o Día das Letras Galegas de Carvalho Calero para o ano 2021.

Dende Ferrol en Común, insistimos na necesidade de trasladar dita homenaxe cara o vindeiro ano. As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir no presente obríganos a tomar decisións extraordinarias e todas as administracións e organismos, así coma a Real Academia Galega, deben estar á altura.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Fernando, o gavilán enero 14, 2021
  • FeC considera que as axudas do PAME III son insuficientes e chegan tarde diciembre 28, 2020
  • FeC demanda solucións inmediatas, áxiles e reais para os sectores vulnerables diciembre 21, 2020
  • Un ano perdido diciembre 19, 2020
  • FeC cualifica o 2020 coma “ano en branco” en políticas de igualdade diciembre 18, 2020
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información