Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

O goberno de Mato non leva a cabo políticas de rescate para o mundo cultural local

Publicada el diciembre 11, 2020diciembre 11, 2020

Ferrol, 11 de decembro de 2020

Sendo conscientes da grave situación económica que se está a vivir na nosa cidade e sobre todo o duro golpe que están a padecer algúns sectores coma a hostalería, o comercio e o mundo cultural, debido á pandemia da Covid-19, cabe agardar que o goberno local aposte máis que nunca polo sector empresarial da nosa cidade realizando todas as contratacións posibles no marco da nosa comarca.

As declaracións que o alcalde, Angel Mato, leva realizando dende o seu atril estes últimos meses apuntan a que ese apoio da administración municipal cara o tecido local está sobre a mesa e mesmo así o recolle o borrador do PAME contemplando coma obxectivo o “impulso da actividade económica e protección do emprego local para contribuír á reactivación económica da nosa cidade nos sectores que máis directamente sufriron esta situación, como son o tecido comercial, hostaleiro e cultural.”

Dende Ferrol en Común levamos meses pronunciándonos sobre a necesidade, non só da concesión de axudas directas para todos/as os/as afectados/as pola presente crise, se non, especificamente no eido cultural, demandamos unha aposta directa polo local, realizando contratacións de actividades, eventos, espectáculos, dinamización dos barrios… a través das numerosas empresas e profesionais da cultura que por sorte temos na nosa cidade, e incluso, na nosa comarca, e que dan traballo a centos de persoas.

Pero, cal é a nosa sorpresa, cando entre as 10 contratacións para a programación de nadal soamente hai 2 empresas da comarca. ¿esta é a aposta polo local que tanto predica Angel Mato? De feito, non é só que o 80% das empresas contratadas para as festas de Nadal sexan de fora, se non que nin se queira o tecido da nosa cidade tivo oportunidade de presentar as súas ofertas, pois o goberno local invitou a empresas de Sabadell, Zaragoza, Balaguer ou mesmo Portugal, amosando unha total hipocresía e falta de compromiso co tecido cultural ferrolán e con toda a veciñanza.

A maioría das cidades si están a contar cos profesionais da súa propia localidade, non hai máis que mirar para A Coruña, porque comprenden que é outra maneira de axudar a un dos sectores máis castigados. As empresas e os centros de traballadores/as do mundo cultural que fican nas cidades son os nosos veciños e veciñas e levan sen traballar dende o inicio da pandemia. Confiar neles para a realización da programación cultural, a dinamización dos barrios ou a realización de eventos e actividades é sinónimo de emprego na cidade. Se algún goberno non dase conta disto, non merece estar ao fronte de ningunha administración local.

Dende Ferrol en Común consideramos unha desfachatez que o goberno desta cidade saía coa súa mellor cara a dar apoio aos sectores afectados nas concentracións nas que reclaman traballo, realice grandes declaracións en apoio do local para copar titulares dos seus diarios de confianza ou elabore unhas bases onde plasma o seu gran compromiso cos perxudicados/as, mentres chama a empresas de fora da nosa comarca para realizar os traballos culturais que poderían facer os nosos veciños e veciñas.

Todo isto, sumado ao retraso inaceptable nesta segunda ola de restricións a múltiples sectores na concesión de axudas aos sectores afectados, a negativa en banda  a desenvolver un programa de axudas directas no eido social, contravindo o acordado en pleno, onde se aprobou destinar dous millóns de euros en axudas a persoas vulnerables, e a falta de sensibilidade co sector cultural, en todo o seu espectro, dende artistas, produtores, instaladores, montadores… demostran que o actual goberno está máis preocupado da inmediatez do autobombo que de procurar solucións reais, o que resulta inadmisible cando o sufrimento é transmutado en propaganda sen que se palpe que a administración máis próxima, a dos veciños e veciñas, sexa quen de ter o mínimo de empatía con quen a día de hoxe non ten ningún medio de vida, froito da pandemia.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apoia ás mobilizacións convocadas por SOS Sanidade Pública abril 20, 2021
  • Ferrol en Común presenta as súas alegacións á Ordenanza de Tráfico, Circulación e Seguridade Viaria abril 6, 2021
  • Ferrol en Común demanda a protección do cadro de persoal do Hospital Juan Cardona e a garantía da prestación de servizos sanitarios na venda do centro marzo 26, 2021
  • FeC insta ao goberno a mellorar a administración electrónica e á adhesión a Axenda 2030. marzo 23, 2021
  • Ferrol en Común celebra o avance da rehabilitación integral no Barrio de Recimil e anima ao goberno a seguir dando pasos decididos marzo 11, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información