Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC considera que as axudas do PAME III son insuficientes e chegan tarde

Publicada el diciembre 28, 2020diciembre 28, 2020

Ferrol, 28 de decembro de 2020

Hoxe tivo lugar unha Comisión Extraordinaria e Urxente para ditaminar a terceira liña de axudas, o PAME III, máis dun mes despois de que as anunciaran cos seus habituais fogos de artificio. Estas axudas, irán destinadas aos sectores afectados polas restricións da pandemia da covid-19, en especial á hostalaría, cultura, comercio e ocio nocturno, sendo estes os máis afectados por ditas limitacións.

A principios de novembro comezaron a aplicarse as restricións na nosa comarca e a día de hoxe, a maioría delas seguen vixentes. Polo que son moitos os locais de hostalería que permanecen pechados ou traballando a medio gas, son moitos os comercios que ven reducida as súas ventas, e tanto a cultura coma o ocio nocturno levan nunha situación dramática dende marzo.

Por elo, FeC considera que este goberno chega moi tarde con esta terceira liña de axudas. Nun ano coma este, que é excepcional, e que todos os recursos e todo o traballo debe estar dirixido a salvar ás persoas, este goberno debería estar preparado e ser moito máis áxil á hora de sacar adiante unhas bases que poden supoñer a supervivencia dos negocios de moitos dos nosos veciños e veciñas.

FeC pídelle a este Alcalde celeridade nestas axudas, a mesma que tivo para anunciar xunto co Presidente da Deputación, Valentín Formoso, unha partida de 800.000€ para utilizar nunha nova liña de axudas, que como vemos, se dilatou no tempo e que polo momento vai a ser aprobada sen os cartos que prometía a Deputación, polos que seguimos agardando meses despois do gran anuncio.

Ferrol en Común considera inadmisible que as pequenas e medianas empresas, así coma os autónomos/as da nosa cidade, teñan que chegar a situacións límite provocadas pola falta de previsión e xestión deste goberno municipal, que chega tarde a dar unha resposta máis que necesaria para a subsistencia do tecido hostaleiro e comercial da nosa cidade.

Así mesmo, esta liña de axudas é insuficiente para contrarrestar a grave situación que se está a vivir. Parece que este goberno non é consciente da perda de ingresos que está a supoñer un Nadal coas restricións horarias e de mobilidade que están vixentes, pois se o fora, mobilizaría todos os esforzos necesarios para chegar máis e de mellor maneira a todos os sectores que así o precisen.

Moitas das propostas presentadas por este grupo municipal foron tidas en conta, coma incluír ao colectivo dos e das taxistas dentro dos beneficiarios/as do PAME III ou diferenciar as liñas de axudas de hostalaría e cultura, pero aínda queda moito traballo por realizar para que estas axudas cheguen a onde teñen que chegar.

Doutra banda, outra das nosas propostas era a creación de bonos para o comercio, hostalería e cultura e que, en teoría, tamén está aceptada polo goberno local aínda que non vemos rastro dela nestas bases. Ademais, FeC considera que estes bonos que veñen a fomentar o consumo nos negocios locais deberíanse ter posto en marcha antes do Nadal, para incentivar as compras na economía da nosa cidade e impulsar unha recuperación progresiva dos sectores máis castigados. Unha vez máis o goberno local chega moi tarde.

Ferrol en Común considera que a lentitude coa que traballa o goberno local está a perxudicar aos veciños e veciñas da nosa cidade, que precisan máis que nunca un Alcalde que estea á altura, tomando decisións rápidas e actuando con celeridade na concreción de todos os plans e axudas que sexan necesarios para salvar aos negocios da nosa cidade e por ende, as persoas. 

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Fernando, o gavilán enero 14, 2021
  • FeC considera que as axudas do PAME III son insuficientes e chegan tarde diciembre 28, 2020
  • FeC demanda solucións inmediatas, áxiles e reais para os sectores vulnerables diciembre 21, 2020
  • Un ano perdido diciembre 19, 2020
  • FeC cualifica o 2020 coma “ano en branco” en políticas de igualdade diciembre 18, 2020
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información