Ferrol, 22 de xaneiro de 2021

A situación sanitaria que estamos a vivir coa pandemia da Covid-19 non parece dar tregua e o número de contaxios non deixa de ascender dentro da nosa comarca. Por iso, respectar as medidas interpostas polas autoridades é esencial, xunto coa responsabilidade individual de cada persoa. Por iso, a chegada da vacina ao noso pais é positivamente recibida a pesares das muitas dificultades que se están a dar na súa administración.

O Plan Galego de Vacinación fronte ao Sars-COV2 contempla como primeiros receptores ás persoas residentes e traballadoras dos centros de maiores, e continúa polo colectivo de persoal sanitario considerado de primeira liña. Dende Ferrol en Común, entendemos que as traballadoras de axuda a domicilio deben ser tamén incluídas dentro desde grupo de vacinación.

As traballadoras de axuda no fogar, un servizo cuxa xestión depende directamente da administración municipal, están a coidar a unha poboación altamente vulnerable dada a súa idade e/ou niveis de dependencia, e o fan no entorno domiciliario. Isto conleva unha alta probabilidade de contaxio e ao mesmo tempo de espallamento do virus, debido a que é máis dificil controlar o entorno laboral cando este se da no interior das “casas” que visitan a diario, e que se agrava dada a precariedade laboral que sofren, reflexada na ausencia de medios de protección e epis para frear a transmisión do virus e a súa propia protección.

FeC entende que o coidado que se fai das persoas maiores dentro das residencia ten unha gran relación co coidado que se fai nos domicilios a esas mesmas persoas maiores e dependentes, coa única diferencia de que se fai no entorno do fogar. Polo que a exposición á Covid-19 é demasiado alta como para non ser contempladas dentro dos grupos de primeira liña. No momento en que elas estean vacinadas, ademais de protexerse ás propias traballadoras, evitarase a propagación entre as persoas vulnerables ás que coidan cada día, normalmente con graves patoloxías e comorbilidades que complicarían calquera infección.

Todo isto parécennos motivos máis que suficientes para que a Xunta de Galicia reconsidere os grupos de prioridade de vacinación e pase a incluír ás traballadoras de axuda no fogar. Así mesmo, FeC considera que o goberno municipal debe realizar esta petición ante a Xunta de Galicia, xa que é a administración local a que presta este servizo a centos de persoas e familias na nosa cidade, e coma tal, debe velar non só polo seu correcto desenvolvemento se non pola súa realización baixo parámetros sanitarios que se adecúen á situación de pandemia actual, sendo a vacinación das traballadoras de axuda no fogar algo esencial para a non propagación da Covid-19 e coma protección delas mesmas e os nosos maiores.