Ferrol, 6 de marzo de 2021

Chegamos a un 8 de marzo tras un ano complexo marcado pola pandemia do Covid-19 e que aínda non nos deixa volver á anterior normalidade, pero non por iso, imos frear a loita feminista e as súas reivindicacións nun ano que cómpre máis que nunca facer fincapé no esencial que están a ser as mulleres nesta situación de crise sanitaria.

Este ano púxose de manifesto o fundamental que son as tarefas de coidados, xa sexa cos nosos maiores ou cos nosos fillos e fillas; o teletraballo aterrizou nos nosos fogares e a conciliación tambaleouse; os sectores altamente feminizados á vez que precariezados convertéronse en salvavidas, coma foi o coidado nas residencias de anciáns, o sector da alimentación, a limpeza ou os coidados no fogar.

Este ano é máis fácil que nunca observar coma a dobre carga de traballo recae sempre nas mesmas e coma os sectores máis precariezados teñen sempre rostro de muller. Por ese motivo Ferrol en Común pensou nas traballadoras do servizo de axuda no fogar para a homenaxe polo 8 de Marzo. Este galardón debe servir, ademais de para visibilizar e recoñecer a gran labor que realizan coidando dos nosos maiores, para reivindicar melloras nas súas condicións laborais e abandoar a precariedade que caracteriza a este colectivo e acadar uns dereitos e unhas condicións de emprego dignas.

Neste momento, tamén é fácil observar coma no principio da pandemia tentouse criminalizar ao movemento feminista e chegamos a este 8M cun novo intento de coartar a liberdade das mulleres no exercicio do seu dereito fundamental coma é manifestarse. Parece que as mulleres non sabemos seguir as normas sanitarias da distancia de seguridade e máscaras, pois outras concentracións nos reciben as mesmas críticas.

De tódolos xeitos, este luns 8 de marzo ás 19.00h está convocada a concentración por Galegas 8M na Praza de Portanova e Ferrol en Común súmase e fai un chamamento á participación e a responsabilidade, pois non podemos ficar caladas mentres observamos coma o feble sistema de coidados resquebráxase e os avances da loita feminista póñense en “corentena”.