Ferrol, 23 de setembro de 2021

Ferrol en Común ven de rexistrar está mañá unha moción coa que busca poñer de manifesto a gravosa situación do transporte público metropolitano que está afectando a numerosos veciños e veciñas do noso concello e da nosa comarca. Con está moción tamén buscamos despertar ao alcalde deste cidade, Ángel Mato, para que por unha vez preocúpese polos problemas da veciñanza e actúe dende a administración que preside para solucionalos.

O servizo de autocares, máis en concreto, as liñas de transporte metropolitano que realizan traxectos coma o de Ferrol – A Coruña, son unha peza clave para posibilitar os traslados habituais dos veciños e veciñas da nosa cidade ao traballo, á universidade, xestións administrativas, ocio ou consultas sanitarias, ao mesmo tempo que se potencia a redución de emisións contaminantes, contribuíndo á preservación do medio ambiente.

Neste senso, a nova concesionaria do servizo de bus que realiza o traxecto Ferrol – A Coruña non está cubrindo as necesidades da veciñanza, pois son numerosas as queixas por parte dos usuarios e usuarias nas que se fai alusión a elevada duración dos traxectos, pasando duns 40 minutos ao dobre, horarios que non se adecúan ás necesidades laborais ou educativas e falta de prazas nos autocares, quedando xente en terra a causa de non reforzar determinados enlaces nas que a demanda é maior.

Ferrol atópase abandonado e desconectado en canto a transporte público refírese, cunha rede ferroviaria entre a nosa cidade e a veciña, deficiente e obsoleta, que non é unha opción viable nos desprazamentos entre ambas urbes. E agora atopámonos cun servizo de transporte metropolitano desenvolto baixo unhas condicións que non garanten unha mobilidade de calidade para o conxunto da veciñanza. Un decaimento sen control ao que asisten impávidos tanto a Xunta de Galicia coma o goberno de Ferrol, non amosando nin unha mínima preocupación por estas cuestións.

Ferrol e A Coruña son dúas cidades que comparten grandes vínculos sociais, laborais e educativos, polo que estimamos unha prioridade reverter a gravosa situación que está a ocorrer co servizo de transporte público metropolitano, considerando que é urxente que o nexo de unión entre ambas cidades realícese nunhas condicións de tempo, horarios e aforo nos autocares que cubran a demanda das persoas usuarias do servizo, coma víñase facendo ata o momento do cambio de concesionaria.

Por todo isto, dende Ferrol en Común consideramos necesaria a presentación dunha moción no Pleno Municipal coa que instar ao alcalde, Ángel Mato, a manter unha xuntanza inmediata coa Conselleira de Infraestruturas e a Dirección Xeral de Mobilidade co fin de trasladar o malestar da veciñanza e que se efectúen as preceptivas labores de inspección e sanción, así como a corrección inmediata dos sucesivos incumprimentos do prego, ademais de, coma xa solicitamos noutra ocasión, interpoñer ante Consumo unha demanda colectiva en defensa das persoas usuarias do servizo encabezada polo Alcalde de Ferrol, como é a súa labor de representación da veciñanza.

Por último, Ferrol en Común quere amosar o seu apoio a todas as reivindicacións que es están a levar a cabo por parte das persoas afectadas por este deficitario servizo e animar á cidadanía a asistir á concentración convocada para o vindeiro xoves 30 de setembro ás 20.00h na Estación de Buses.