Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC apoia as reivindicacións do IES Concepción Arenal

Publicada el septiembre 29, 2021septiembre 29, 2021

Ferrol, 29 de setembro de 2021

Onte o Concelleiro Suso Basterrechea estivo presente na concentración que tivo lugar no IES Concepción Arenal onde se reclamaba a non desaparición da Educación Secundaria de Adultos (SEA), un símbolo do propio instituto e da ensinanza da nosa cidade.

Despois dun inicio de curso no que se soportan elevados ratios de alumnado por aula e non se cobren as baixas de profesorado, impedindo incluso o comezo do curso nalgunas asignaturas do IES Concepción Arenal, a Xunta de Galicia, volve a efectuar recortes educativos cancelando a Educación Secundaria de Adultos neste centro, coñecida coma “nocturno”, alegando falta de matrículas, motivo que non se sostén pois actualmente cóntase con 19 alumnos e alumnas matriculados nesta modalidade, superando así o número mínimo de 15 matrículas para que poida levarse a cabo a educación para adultos.

Dende FeC consideramos intolerable e inxustificada a decisión da Xunta de Galicia que comunica a cancelación da Educación para Adultos co curso xa iniciado e incumprindo a normativa da Consellería de Educación, supoñendo un grave perxuizo para as persoas xa matriculadas e un desprezo cara a educación pública da nosa cidade.

Así mesmo, cualificamos de indecente o comportamento do goberno local, amosando unha vez máis despreocupación cara os problemas da cidade e da veciñanza, nun novo xesto de apatía fronte todo o que non sexan grandes actos e roldas de prensa nas que se alabar a sí mesmos.

Dende FeC, apoiamos e amosamos a nosa solidariedade co centro IES Concepción Arenal e os duros recortes que está a sufrir por parte da Xunta de Galicia. Así mesmo, exiximos a recuperación da Educación Secundaria de Adultos, unha modalidade que leva máis de 50 anos levándose a cabo neste instituto e que sigue contando con numerosas matrículas de alumnos e alumnas que buscan unha mellora na súa educación, ao contrario do que parece buscar a Xunta de Galicia con continuos recortes educativos que desmantelan o sistema público.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • FeC afeálle ao goberno a forma de presentación das Bases das Subvencións de promoción económica mayo 25, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress