Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC considera que o estado somete a Ferrol ao esquecemento

Publicada el octubre 14, 2021octubre 14, 2021

Ferrol, 14 de outubro de 2021

No día de onte coñecíamos o proxecto de orzamentos do estado para o ano 2022, unhas contas que Ferrol en Común debe valorar obxectivamente, cualificándoas de “agridoces para a nosa comarca”.

Por unha banda, debemos recoñecer o esforzo social da coalición de goberno que se ve reflectida nestes orzamentos, nomeadamente para os colectivos máis vulnerables coma os consumidores e consumidoras, as persoas ameazadas pola violencia de xénero, os mozos e mozas ou os colectivos máis desprotexidos pola falta de emprego, así coma a loita contra a precariedade laboral, a alta temporalidade ou a intención de derogar a nefasta reforma laboral, cuestións que quedan patentes neste proxecto e que debemos valorar coma moi positivas para o avance social e para unha sociedade máis xusta. Ese esforzo orzamentario realizado no eido social é o principal baluarte que debera ter calquera orzamento que se digne dun estado social e democrático de dereito en un estado de benestar no que aínda estamos en permanente construción.

Pero, doutra banda, o gasto social máis importante na nosa comarca debería ser o gasto industrial. En Ferrolterra día a día estanse pechando empresas mentres o estímulo público para paliar esta situación non chega ou fracasa, coma sucedeu co Plan Ferrol, ou queda en promesas incumpridas coma o Dique do estaleiro do ano 2018, cun proxecto practicamente rematado que desapareceu dos orzamentos, sendo unha actuación máis que necesaria e reclamada por todos os axentes sociais, sindicais e empresariais da comarca, cuestión que pon de manifesto que o PSOE engana á cidadanía limitándose unicamente a construír un taller de bloques que non vai facer competitivo o estaleiro e que a curto ou medio prazo vai condenar a nosa comarca definitivamente.

Así mesmo, botamos en falta nestes orzamentos calquera investimento relacionado coas infraestruturas e comunicacións, coma a liña ferroviaria Ferrol–Coruña que vimos reclamando ano tras ano. FeC considera que Ferrol está sendo illado polas administracións tanto autonómica coma central. Vemos coma se están electrificando todas as liñas deste pais, quedándose fora a liña Ferrol-Coruña e Lugo-Coruña e esta cuestión non ten solución cos orzamentos recén presentados, pois non existe ningunha partida para mellorar a liña ferroviaria.

Dende FeC, cremos que a posición do goberno local é acrítica e a falta de interlocución co goberno central, do seu mesmo partido, revelan a febleza, debilidade e pasividade do Alcalde que non ten ningún posicionamento crítico, nin leva a cabo ningunha xuntanza de traballo a nivel de estado para poder denunciar e poñer o foco na situación límite da nosa comarca. Nos últimos tempos, asistimos incluso á desaparición da construción do dique do seu discurso político, algo que consideramos é un investimento absolutamente imprescindible para que a nosa comarca sobreviva e xere ese motor industrial que dea pé á supervivencia da industria auxiliar e aos empregos indirectos creados arredor dela. Sen a dotación económica necesaria no momento preciso, que é agora co anteproxecto dos PGE, vai ser moi difícil a recuperación demográfica, a recuperación do emprego e a recuperación da actividade na nosa cidade, por moitos anuncios que se fagan, coma o do noiro das Pías, que nin tan se queira ten unha partida específica nos PGE.

Dende Ferrol en Común realizaremos emendas a este orzamento, xa que cremos que hai aspectos que é imprescindible tratar, coma o nomeado dique cuberto, as melloras na liña ferroviaria Ferrol-Coruña ou o sistema de rexeneración da Ría Ferrol, que consideramos imprescindible para recuperar un sector produtivo en declive. O futuro está en xogo e con este orzamento a nosa comarca vai ter que subsistir con un gasto social que non sirve de impulso para recuperar a economía, se non para manter a precariedade.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • FeC afeálle ao goberno a forma de presentación das Bases das Subvencións de promoción económica mayo 25, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress