Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC insta á Xunta de Galicia ao reforzamento dos xulgados de violencia de xénero de Ferrol

Publicada el octubre 27, 2021octubre 27, 2021

Ferrol, 27 de outubro de 2021

Segundo a memoria anual da Fiscalía Superior da Comunidade de Galicia un total de 6.073 mulleres sufriron violencia de xénero en 2020, o que supón un 1,27% máis que o ano anterior.

Estas alarmantes cifras chocan directamente coa situación que se está a vivir nos xulgados de violencia de xénero de Galicia, onde falta persoal para atender adecuadamente ás vítimas de violencia de xénero que acoden a vía xudicial. Por este motivo, a propia Sala de Goberno do TSXG ven reclamando un reforzo tanto dos funcionarios e funcionarias coma dos xuíces e xuízas, para que estes servizos funcionen e sexan atendidos de forma correcta nunha materia na que non se admite demora e que debe ser unha prioridade por riba de calquera outra xurisdición.

A Xunta de Galicia, coñecedora desta problemática común en todas as cidades galegas, négase a abordar esta situación dun xeito eficiente, polo que dende Ferol en Común cremos que se debe facer a presión suficiente para instar á Xunta de Galicia a reforzar os xulgados de violencia de xénero tamén dende os Concellos, coma administracións que velan polo benestar das súas veciñas.

Polo tanto, FeC dirixirase tanto ao Alcalde de Ferrol coma ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia, ao fin de que se faga chegar esta demanda, compartida por nós, FeC, coma polos xuíces, xuízas e fiscais do TSXG, coma por avogados e avogadas, procuradores e procuradoras, por organizacións sindicais e, en definitiva, por todos os operadores xurídicos, para que de forma inmediata unha lacra coma a violencia machista teña as ferramentas, mecanismos e recursos humanos suficientes para que calquera muller que se vexa agredida de calquera forma por un home teña unha reparación, seguimento e protección especial por parte de todas as administracións públicas e en especial, duns xulgados de violencia de xénero que non poden ser tratados coma calquera outra materia do eido xurisdicional.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC lamenta a actitude do goberno local fronte o contrato de parques e xardíns julio 19, 2022
  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress