Ferrol, 23 de novembro de 2021

Dende fai moitos anos, o Concello de Ferrol ven organizando entre as súas múltiples actividades o taller de cerámica, unha das máis demandadas polos veciños e veciñas da nosa cidade. Froito do seu éxito, o Concello levou a cabo un importante investimento en fornos para a cocción da cerámica dentro das instalacións do Sanchez de Aguilera, lugar onde víñase impartindo o curso, buscando deste xeito ofrecer unha mellor formación para a comunidade de aficionados/as e artistas que participan nesta especialidade.

O taller de cerámica pasou por múltiples visicitudes ao longo dos anos ademais de contar cunha periocidade irregular. Nun primeiro momento, a súa xestión dependía da área de Cultura, pasa pasar durante o mandato do Partido Popular a forma parte da programación da Casa da Muller. Novamente, durante o pasado mandato de FeC, foi recuperada a súa organización a través da área de Cultura. Cabe resaltar o enorme interese que desperta este curso causando incluso que as prazas ofertadas foran insuficientes durante a súa última edición, ademais de xestionar unha exposición final cos traballos do taller onde contábase con pezas de elevada calidade.

Nestes últimos anos, o taller de cerámica non se está a celebrar, polo que moitos aficionados e participantes teñen que desplazarse a concellos veciños para realizar a actividade, xa que non é doado dispoñer dunhas instalacións adecuadas e sobre todo cuns fornos de cocción coa potencia eléctrica óptima que permitan desenvolver a actividade do xeito máis adecuado posible.

FeC recolle as demandas do colectivo de persoas interesadas na recuperación de dicha actividade e defenderá unha moción neste Pleno de novembro na que solicitará ao goberno local a posta en marcha do taller de cerámica coa maior celeridade posible ademais de revisar as instalacións nas que se levaba a cabo a actividade para garantir que cumpren todos os requisitos necesarios para a boa realización do curso, e se fora preciso, acusar os arranxos pertinentes para elo. Por último, solicitaremos establecer unha periocidade para que o curso de cerámica se poida desenvolver con continuidade e normalidade cada ano.