Ferrol, 26 de xaneiro de 2022

A Deputación da Coruña ten varios proxectos en marcha na nosa cidade os cales non se están a desenvolver como debera. O primeiro deles é o relativo ás beirarrúas da travesía de Serantes, que se está a desenvolver en varias fases. A primeira delas xa está finalizada e a segunda, que abarca dende o centro de saúde ata a rotonda é a que se atopa en marcha na actualidade e a que está a sufrir un gran retraso, pois ven de estar parada un mes sen motivo aparente, xerando unha incomodidade para a veciñanza de Serantes e acumulando máis retraso do que xa tiña.

Así mesmo, en abril do ano pasado aprobouse o proxecto da 3º fase das beirarrúas deste vial de Serantes, o relativo ao traxecto dende a rotonda ata A Cabana, conectando dous barrios e mellorando a seguridade vial da zona e do que aínda, máis de 8 meses despois, non se ten máis información, o que pon de manifesto unha total deixadez por parte da Deputación da Coruña.

Outro dos proxectos que atópanse en marcha por parte da Deputación son as obras de construción de beirarrúas e iluminación do vial de San Xoán – San Pedro pero que unha vez máis acumulan un gran retardo na súa execución mantendo unicamente a un ou dos operarios para toda a obra, dilatando no tempo a súa finalización.

O pouco interese que ten a Deputación pola nosa cidade, non só queda demostrado polo xeito en que desenvolve as obras, dilatándoas no tempo, acumulando retrasos e sen poñer en marcha os proxectos pendentes, se non que tamén queda amosado o maltrato á nosa cidade a través do reparto dos fondos do Plan de Obras e Servizos, coma xa denunciamos fai uns días.

AnoPOS+ FerrolPOS Adicional FerrolPOS + NarónPOS Adicional NarónPOS + ValdoviñoPOS Adicional Valdoviño
2018859.037€180.850€ + 86.419€1.849.188€389.302€753.289€158.587€
2019753.659€
444.600€1.595.555€951.301€665.490€380.170€
2020534.845€45.325€ + 169.971€1.148.231€97.307€ + 364.904€462.287€39.176€ + 146.913€
2021477.554€158.120€ + 282.358€1.193.636€340.038€ + 607.211€594.014€136.468€ + 243.694€
2022316.572€
56.988€1.057.630€173.924€451.734€68.647€

Coma podemos ver no cadro comparativo con outras dúas cidade da contorna, a Deputación está a realizar un recorte selectivo coa nosa cidade, rebaixando cada ano máis os fondos correspondentes a Ferrol. Estas achegas do POS, son utilizados para mellorar a zona rural e son fundamentais para que o noso Concello poda facer fronte a todas as necesidades dunha zona que abarca gran parte do termo municipal.

Por todo isto, instamos ao goberno local a demandarlle a Deputación da Coruña máis investimentos para a nosa cidade e exixirlle o cumprimento das súas obras nun prazo razoable, ademais de axilizar os proxectos que están pendentes de execución coma a 3º fase das beirarrúas de Serantes.