Ferrol, 31 de xaneiro de 2022

A pandemia da Covid-19 chegou as nosas vidas e sacudiunas truncando gran parte dos nosos plans, creando unha nova normalidade coa que día a día tentamos convivir, as veces dun xeito más cauteloso e outras, por sorte, con menos restricións.

Na actualidade, os datos apuntan a que xa se dobregou a sexta ola da pandemia, polo que a maioría das Comunidades Autónomas están a relaxar as medidas sanitarias, coma é o caso de Galicia que anunciou o pasado mércores un alivio das restricións.

Sen embargo, o goberno local utiliza a Covid-19 dun xeito selectivo, algúns actos coma o Día de San Xiao si celébranse pero pola contra, outras datas institucionais deixan de organizarse, coma a ofrenda a Amada Garcia que se tería que ter celebrado o pasado 27 de xaneiro ou a homenaxe ao Alcalde de Serantes, Alejandro Porto Leis, entre un longo listado nos que tamén se atopan as ofrendas a Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Rodolfo Ucha ou Amor Deus , así coma a conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto.

Dende FeC non entendemos nin compartimos este dobre raseiro para decidir que actos institucionais teñen lugar e cales non. Consideramos que tal e coma avanza a pandemia e as restricións, non hai motivo para non celebrar este tipo de actos conmemorativos, os que ademais teñen lugar ao aire libre.

Os espectáculos e concertos, o ocio nocturno, os bares e restaurantes, os ximnasios, as liñas de buses, os colexios e institutos e ata as actividades de Nadal que organizou o propio goberno local, están a funcionar dentro dunha certa normalidade, polo que non entendemos coma esta administración local é das últimas en volver ao seu traballo con esa “normalidade” que xa está presente na sociedade, por suposto con cautela, responsabilidade e cumprindo as medidas.

Por isto, FeC agarda que o goberno local recapacite e volva a poñer en axenda os actos institucionais dedicados a homenaxear e lembrar a memoria de persoas fundamentais que loitaron pola democracia e a liberdade, de importantes artistas que merecen o noso recoñecemento ou de ferroláns e ferrolás que nos deixaron grandes ensinanzas.