Ferrol, 9 de febreiro de 2022

Hoxe pola mañá o concelleiro de FeC, Suso Basterrechea, deu unha rolda de prensa para abordar dúas preocupacións relativas as áreas de cultura e deportes.

A primeira delas ten que ver coa area de Cultura. Suso Basterrechea reivindicou nesta rolda de prensa a “recuperación do ciclo de Teatro Amador – Domingos a Escena, que se viña celebrando con continuidade no barrio de Caranza e cunha aceptación de público enorme, dando uso a unha das instalacións municipais coma o Centro Cívico de Caranza que agora mesmo non ten ningunha actividade de carácter regular”.

Suso Basterrechea lembraba que “o goberno municipal ven de elaborar plans estratéxicos, consultas e enquisas con diferentes axentes culturais” pero debéuselles esquecer esta demanda do barrio de Caranza relativa á recuperación do Teatro Amador.

Así mesmo, o edil puxo de manifesto a importancia deste ciclo e insistiu na súa celebración explicando que “os aforos nos eventos culturais xa están practicamente al completo e a evolución da Covid xa está a permitir o desenvolvemento de todas as actividades” polo que non existe ningún motivo para non recuperar os Domingos a Escena.

Doutra banda, FeC amosa a súa preocupación coa “intención do goberno local de trasladar aos traballadores municipais de deportes con sede no Pavillón da Malata á Casa do Deporte en Caranza”, explicaba o edil. Este traslado é unha modificación nas súas condicións laborais coas que non están cómodos e as cales non foron trasladadas aos seus representantes sindicais. “Máis aló deste malestar e falta de comunicación, pois coma grupo municipal temos o dereito a coñecer os plans do goberno municipal en canto ao persoal do Concello” explicaba Basterrechea, “tamén merecemos información en canto a intención deste goberno a privatizar este servizo” pois este traslado dos traballadores e traballadoras esconde unha posible contratación dunha empresa privada para a prestación do servizo. Por todo elo, o concelleiro reclama “máis información e comunicación tanto cos representantes sindicais coma cos grupos municipais, para non atoparnos coa sorpresa cando xa é tarde, coma soe ser habitual”.