Ferrol, 25 de marzo de 2022

Está mañá, Ferrol en Común mantivo unha xuntanza coa Asociación do Grupo Diversidade Funcional onde analizamos as barreiras que aínda están pendentes de eliminar por parte do concello e os futuros proxectos que faría falla desenvolver para que a nosa cidade sexa totalmente inclusiva e accesible para todas as persoas.

A accesibilidade é un tema prioritario para Ferrol en Común, coma xa amosou no seu mandato onde desenvolvéronse, grazas so esforzo da entidades sociais, 5 fases de peóns e case 1000 actuacións en prol da accesibilidade, investindo máis dun millón de euros. A quinta fase de pasos de peóns quedou elaborada no noso mandato en decembro do 2018 para seguir o camiño da accesibilidade, pero o goberno socialista bloqueou todo avance ata o día de hoxe, 3 anos despois, no que comeza os trámites para que esa quinta fase vexa a luz. Tal e coma expuxemos na xuntanza de hoxe, FeC non se vai conformar con iso, polo que un dos puntos fundamentais da futura negociación dos orzamentos para 2022 será incluír unha sexta fase de pasos de peóns.

Outra das nosas preocupacións que xa incluímos no acordo orzamentario de 2021, é a obra do ascensor no Parking do Cantón, unha actuación que aínda no se acometeu e que consideramos fundamental de cara a avanzar nun modelo de cidade onde a veciñanza viva en igualdade de condicións e sen barreiras que lles impidan desenvolver a súa vida con dignidade.

O goberno socialista non está a dar o nivel na materia de accesibilidade acumulando grandes débedas nesta materia coma é a aprobación da Ordenanza de Accesibilidade que vai con grande retraso e que consideramos debe ser unha prioridade sacala adiante o antes posible.

Na mesma liña, dende FeC, solicitámoslle ao goberno que exerza un maior control sobre as tarxetas de estacionamento, revise as prazas de aparcamento e modifique as que non teñan os 7 metros necesarios e un acceso para acceder a beirarrúa. Ademais agardamos e exiximos que as obras urbanísticas que está a realizar ou que ten intención de realizar, coma pode ser Pardo Baixo ou a Rúa Igrexa, cumpran ao 100% coa accesibilidade, deixando os pasos de peóns nunha mesma plataforma e eliminando o adoquín.

En definitiva, dende FeC consideramos que o goberno local non está a contemplar coma prioridade a accesibilidade da nosa cidade, existindo un baleiro absoluto en canto a este tipo de proxectos. Durante estes 3 anos de mandato non se están a devolver proxectos significativos para á eliminación de barreiras nin á adaptación de ningún dos espazos que así o requiren para ser plenamente inclusivos.

Por todo elo, FeC quere instar ao goberno a recuperar a senda da accesibilidade e poñerse a traballar neste eido, consignando o investimento necesario ao que ademais se comprometeu a través dunha moción plenaria presentada por este grupo municipal e dos acordos orzamentarios asignados, en prol dunha cidade sen barreiras.