Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC apoia as demandas do persoal e dos usuarios/as do CAMF

Publicada el mayo 23, 2022mayo 23, 2022

Ferrol, 23 de maio de 2022

Esta mañá o voceiro do grupo municipal de Ferrol en Común, Jorge Suárez, mantivo unha xuntanza co comité de empresa do CAMF para coñecer de primeira man os problemas que está a padecer o centro a causa da falta de persoal e do nefasto estado das instalacións.

Jorge Suárez lembraba que “o CAMF de Ferrol leva sobrevivindo a base de parches dende fai anos, sen embargo o que de verdade precisa é ampliar o seu persoal fixo, cubrir as prazas vacantes e dende logo renovar as instalacións que parecen doutros tempos”.

Na xuntanza desta mañá o Comité de Empresa trasladounos datos que consideramos francamente alarmantes, coma os máis de 1600 contratos temporais que se realizaron durante o 2021, que non fan máis que precarizar o emprego e o servizo, ademais de vulnerar o requerimento da Inspección de Traballo.

FeC comparte as demandas do Comité de Empresa e dos propios usuarios e usuarias do centro dependente do IMSERSO, que están a ver coma as actividades máis básicas da súa vida coma deitarse ou xantar están sendo limitadas pola falta de persoal. Un persoal que acumula horas extras e permisos que non pode coller porque se non o servizo quedaría sen cubrir. Dende FeC consideramos que a única solución é ampliar a RPT e adaptala ás necesidades do centro, xa que os 157 postos fixos, dos cales 23 están sen cubrir, non están a ser suficientes para dar un servizo digno e de calidade.

Dende FeC xa denunciamos varias veces esta situación inaceptable que agora se está a converter nunha situación límite na que é urxente poñerlle solución. Así mesmo, comprometémonos a levar o asunto ao Congreso dos Deputados para que sexa trasladado ao Ministerio correspondente e se lle busque unha solución efectiva que poña fin ao problema estrutural de persoal pero tamén ás deficiencias das instalacións as cales non se renovan dende fai máis de 30 anos e polo tanto non están adaptadas á accesibilidade precisa para o desenvolvemento autónomo das persoas con diversidade funcional, padecen avarías constantes e non gozan dunha eficiencia enerxética básica para dotar de confort aos usuarios e usuarias.

Para finalizar, apoiamos a proposta de moción que o propio Comité de Empresa do CAMF ten a intención de defender no vindeiro Pleno e presentámola para que teñan voz neste espazo municipal e as súas demandas sexan escoitadas.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • FeC afeálle ao goberno a forma de presentación das Bases das Subvencións de promoción económica mayo 25, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress