Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza

Publicada el junio 7, 2022junio 7, 2022

Ferrol, 7 de xuño de 2022

Ferrol en Común ven de manter unha xuntanza coa Asociación veciñal de Caranza para coñecer de primeira man as necesidades do barrio. Nesta reunión trasladáronos máis de 15 proxectos municipais que están comprometidos pero aínda non se levaron a cabo e na maioría dos casos despois da promesa da actuación non se volveu a ter noticias da mesma, cousa que non nos sorprende xa que é o «modus operandi» do goberno de Ángel Mato: primeiro anuncia e logo non fai nada.

Entre a multitude de actuacións que aínda están pendentes se atopan numerosos asfaltados de rúas cuxo estado é lamentable, a reparación de beirarrúas, o pintado dos pasos de peóns e aparcadoiros ou a reposición de baldosas do Paseo Marítimo, todas elas son intervencións propias do mantemento normal dunha cidade que debería realizarse en todos os barrio de xeito habitual, pero coma vemos, con este goberno convértense en reivindicacións veciñais.

Así mesmo, nestes 3 anos que o Alcalde leva de mandato, non se reparou nin unha soa fochanca, unha cuestión que non podemos entender pois a día de hoxe existe contrato de mantemento de viais e sería tan simple coma enviar á empresa encargada do servizo a realizar as consecuentes reparacións.

Doutra banda, temos que nos facer eco da demanda da Asociación de Veciñal en canto a necesidade dun novo local social. Un barrio coma Caranza, onde vive un número elevado de persoas e ademais existe un alto volume de envellecemento da poboación, ten que contar cun local social adecuado que serva de punto de encontro da veciñanza e albergue actividades e eventos para darlle vida a un dos barrios máis grandes da nosa cidade.

Dende Ferrol en Común consideramos que ao Alcalde, Angel Mato, xa se lle esgotou o tempo para sacar adiante proxectos máis grandes pero necesarios coma o cambio de cuberta do Centro Cívico, que mantén a biblioteca pechada, ou a 2º fase do mercado de Caranza. Pero o que é intolerable é que non estea a realizar o mantemento dun barrio e a xente que vive nel acuda a unha praia sen accesos adecuados ou chea de maleza mentres ven no xornal que vai ser proposta para bandeira azul.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC lamenta a actitude do goberno local fronte o contrato de parques e xardíns julio 19, 2022
  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress