Ferrol, 23 de setembro de 2022

Na mañá de hoxe tivo lugar a Comisión Informativa de Cultura, Educación, Deportes e Festas na que figuraba na súa orde do día a proposta de festivos locais para o vindeiro ano 2023.

Dende Ferrol en Común celebramos que o goberno municipal asuma coma festivo o martes de entroido, que caerá no 21 de febreiro, unha data que cada ano cobra máis forza entre a veciñanza.

Aínda que o día de San Xiao é o Patrón da nosa cidade, sempre defendimos que non ten sentido fixar ese día coma festivo por moitas razóns, unha delas, porque os traballadores e traballadoras do comercio non descansan, xa que é o inicio das rebaixas.

Así mesmo, dende FeC sempre apoiamos o martes de entroido coma festivo local entendendo que contribúe á celebración duns festexos os que, polo menos durante o seu mandato, estaban a intensificarse, e consideramos que contar con esta data festiva favorece á actividade comercial e hostaleira da nosa cidade durante este día.