Ferrol, 7 de outubro de 2022

Hoxe pola mañá participamos na concentración e reparto de pegatiñas organizado pola Plataforma do Transporte Público Digno de Ferrolterra levada a cabo na Praza Amada García coa que denunciar unha vez máis os persistentes problemas que existen co transporte de autocares, unha competencia que xestiona a Xunta de Galicia.

Dende FeC non nos cansamos nin nos cansaremos de denunciar unha e outra vez que o contrato que a Xunta de Galicia asinou coa nova concesionaria Monbús, non fai máis que precarizar o servizo de autocares. Un servizo fundamental para a nosa cidade e con gran demanda de usuarios e usuarias que cada día desprázanse as cidades veciñas da nosa comarca, coma pode ser Ares ou A Coruña, coa que mantemos importantes vínculos.

A falta de frecuencias, a incertidume nos horarios que cambiar sen previo aviso, a falta de atención ao pasaxeiro e a falta de praza que día tras día están a deixar ás persoas en terra, son motivos máis que suficientes para que a Xunta de Galicia tome cartas no asunto, máis aló de anuncios vacíos o día antes da mobilizacións que leva a cabo a Plataforma.

Dende FeC reclamamos melloras urxentes no servizo de autocares que conectan a nosa cidade co resto da comarca e coas cidades veciñas. Non podemos seguir a permitir que as persoas non teñan a posibilidade de utilizar un servizo público e sostible coma é o bus.

Así mesmo, seguimos a demandar a reprobación da Conselleira de Infraestuturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pola súa total incompetencia neste eido. Xa presentamos unha moción no Pleno de setembro para que a corporación se pronuncie e apoie esta reprobación, que agardamos saía adiante na continuación de dito Pleno. Non pode ser tan difícil escoitar aos usuarios e usuarias deste servizo e voltar ás condicións que se tiñan coa concesionaria anterior.

Por último, é necesario recalcar o pouco interese que suscita para o alcalde, Angel Mato, unha problemática que afecta a centos de traballadores e traballadoras, estudantes e cidadáns en Ferrol en definitiva. Mentres outros Alcaldes súmanse ás concentracións, buscan solucións ou reclámanlle a Xunta de Galicia as melloras pertinentes para que o servizo funcione dun xeito digno, nós temos a un Alcalde calado e invisible.