Ferrol, 7 de outubro de 2022

Recentemente deuse a coñecer o borrador os Orzamentos Xerais do Estado, no que abondas as políticas sociais pero non os investimentos para a nosa cidade.

Por unha banda, dende Ferrol en Común valoramos este borrador de contas positivamente, pois é un orzamento que se centra dun xeito importante nas persoas e na busca de igualdade e progresividade fiscal, revertendo as políticas regresivas que defende o Partido Popular.

Consideramos que estas contas blindan e garanten que todas as persoas poidan ter unha vida digna e tratan de equiparar as diferenciais sociais entre os que máis e menos teñen, unha cuestión que dende FeC defendemos e parécenos fundamental para desenrolar unha sociedade xusta e igualitaria.

Doutra banda, FeC non pode cualificar coma positivos os investimentos na nosa comarca de Ferrolterra. Unha vez máis, vemos coma repítense partidas que levan tres anos sendo incluídas nos orzamentos xerais, coma é o caso do taller de sub-bloques, pero que nunca se executan. Así mesmo, vemos que hai unha nula intención de comunicar Ferrol opr liña ferroviaria co resto do Eixo Atlántico, unha demanda tan histórica coma o seu tren.

Ferrol en Común cre que o agravio que está a sufrir a nosa cidade repercute directamente nunha perda demográfica irreparable. Do mesmo xeito, pensamos que a principal fonte de postos de traballo, é dicir o astaleiro público, estase deixando esmorecer fronte un agravio comparativo cos astaleiros do sur do Estado.

Dende FeC estudaremos máis a fondo os orzamentos xerais e coma non pode ser doutra forma, presentaremos as alegacións ou aportacións que consideremos oportunas cando o prazo permítao, pois é fundamental defender os intereses da nosa cidade nunhas contas que nos manteñen esquecidos.