Ferrol, 24 de outubro de 2022

Ferrol en Común ven de rexistrar unha moción que se debaterá no vindeiro Pleno deste xoves relativa ao mantemento e mellora dos parques caninos existentes e á creacións doutros novos debido á alta demanda deste tipo de espazos.

En Ferrol hai máis de 11.000 cans, a maioría deles vivindo en zonas urbanas onde atopar espazos de esparcemento é practicamente imposible. Por iso existe a necesidade de contar con parques caninos, onde ademais de desfrutar os cans e os donos, tamén axudan á convivencia entre toda a veciñanza e a manter limpa a nosa cidade.

A presentación da nosa moción ten varios obxectivos, por un lado, FeC quere denunciar o estado lamentable no que se atopan estes recintos caninos, un estado que non é cousa dun día se non dunha deixadez total e absoluta de mantemento destes lugares para os cans. Para facer un pequeno resumo, excepto as pechaduras do parque de Esteiro, as portas dos outros 3 parques da cidade atópanse rotas dende fai moitísimo tempo, obrigando á veciñanza a atopar solucións caseiras coma atar unha corda ou poñer un tope de madeira. Outra das carencias é que soamente dous dos catros parques caninos contan con fontes adaptadas para os cans, unha cuestións que debería subsanarse. Así mesmo, os enreixados de todos os parques son fráxiles e endebles, cando deberían de ser de tipo hércules, coma son noutras cidades, para garantir a seguridade dos cans e evitar calquera perigo non só para eles, se non para toda a cidadanía; unha cuestión que tamén pasaría por instalar portas dobres. En canto a herba, non se corta coa regularidade que debera para poder facer un uso digno dos recintos caninos. Os buratos non se arranxan, a iluminación é insuficiente e as dimensións dos parques quédase pequenas para a alta afluencia de cans que os usan a diario.

En definitiva, dende FeC consideramos que existen demasiadas carencias respecto ao mantemento que se deberían de solucionar e infinitas melloras que se poderían acometer para facer destes lugares uns espazos dignos para o desfrute dos cans e dos seus donos, nun tempo no que, por sorte, cada vez se avanza máis nos dereitos dos animais e no coidado do seu benestar.

Seguindo esta liña, FeC tamén quere demandarlle ao goberno local a creación de, canto menos, os tres parques caninos que xa anunciou en febreiro do 2020 e en setembro do 2021, os calen ían ser instalados no Inferniño, en Caranza e en Canido. Ademais destes tres espazos, Ferrol en Común considera, que debido ao alto número de cans e o elevado uso dos parques existentes, a nosa cidade precisa dun número maior de parques caninos, plantexando a creación dun parque por barrio.

Así mesmo, coa nosa moción queremos propoñerlle ao goberno local que sexa máis ambicioso e traballe na creación dun gran recinto que sexa un referente neste eido, onde os cans e os donos poidan pasar largos ratos de esparcemento. Entendemos que a súa localización tería que estudarse pero a Malata ou os terreos sen uso de Parque Ferrol, poderían ser unha boa opción.

Dende FeC sabemos que son moitas as persoas que usan os parques caninos e moitos os cans os que viven na nosa cidade e que precisan estes espazos de esparcemento. Tamén coñecemos de primeira man o nefasto estado no que se atopan e por iso pensamos que hai motivos suficientes para mellorar e prestarlle a atención que require o mantemento dos parques caninos da nosa cidade, o que nos leva a presentar unha moción neste sentido, para darlle un toque de atención ao goberno local en canto a mantemento e mellora e propoñer incrementar o número de parques debido a súa alta demanda.