Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC exixe a reubicación dos locais de ensaio

Publicada el noviembre 17, 2022noviembre 17, 2022

Ferrol, 17 de novembro de 2022

Esta semana, o concelleiro Suso Basterrechea, visitou os locais de ensaio e denunciou a inminente finalización do contrato menor que se fixo fai un ano para reabrir estes espazos culturais que permanecían pechados dende a pandemia da Covid-19. Coma xa expuxemos, na actualidade atopámonos por un lado, cun contrato menor que remata, polo que de non facerse un novo de xeito urxente os locais de ensaio terían que pechar, e por outro, cun prego do servizo cuxa licitación non está prevista nin para este mandato. Estas dúas cuestións preocúpannos seriamente pois poñen de manifesto a falta de palabra do goberno local, a falta de xestión e a falta de compromiso coa cultura desta cidade.

Pero isto non remata aquí, xa daquela coñecíamos a intención do goberno local de derrubar a nave anexa ao mercado da Magdalena, unha cuestión que se atopa en moitas axendas políticas, incluída a nosa e coa que estamos de acordo. Sen embargo, esta obra de derrubo e a súa posterior creación dun espazo de lecer, obriga a reubicar aos locais de ensaio e aquí é onde o goberno local volver a fallar, pois apresurouse a anunciar o inminente derrubo da nave pero nin falou cos usuarios e usuarias dos locais de ensaio, nin ten prevista unha reubicación para eles e leas. Por isto, non podemos defender unha actuación que non é leal cun servizo municipal e unha actuación que se vai facer de costas aos máis de 100 músicos e músicas que ocupan este espazo cultural.

Hoxe saía na prensa a suposta preocupación do goberno local polos placeiros e placeiras e o seu aparente diálogo con eles e elas, algo que non está a suceder cos outros afectados polo derrubo da nave provisional, os asuarios/as do locais de ensaio. Dende Ferrol en Común consideramos que os músicos e músicas teñen o mesmo dereito a manter unha canle de comunicación co goberno local, pois coma é lóxico, atópanse preocupados por quedarse novamente sen os seus espazos de ensaio.

Dende Ferrol en Común tememos que o goberno local abandone aos locais de ensaio e deixeos morrer, silenciándoos. Primeiro non renovará o contrato menor para mantelos abertos e unha vez pechados, xa non buscará outros espazos onde reubicar estes locais fundamentais para o crecemento cultural da nosa cidade. Así será, coma o goberno de Angel Mato fulminará un servizo público.

En vista disto, dende Ferrol en Común, presentaremos una moción no pleno de novembro coa que exixiremos un compromiso real por parte do goberno local cos locais de ensaio e a súa reubicación, existindo múltiples opcións para elo coma o centro de PortaNova ou os baixos baleiros do Mercado de Caranza.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress