Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC pedirá no Pleno instar ao goberno central a frear a subida das peaxes da AP-9

Publicada el noviembre 21, 2022noviembre 21, 2022

Ferrol en Común presentará no Pleno unha moción coa que instar ao goberno central a frear a anunciada subida dos prezos das preaxes da AP-9, xa que consideramos que este incremento do 9,38% é unha auténtica estafa por parte de AUDASA, ademais de vir no peor momento para os galegos e galegas que xa están a soportar o aumento de prezos noutros servizos básicos coma a luz ou o gas.

Ferrol, 21 de novembro de 2022

Recentemente coñeceuse a intención por parte da empresa AUDASA de incrementar en máis dun 9% as tarifas das peaxes da AP-9 a partir do 1 de xaneiro de 2023. Este incremento sumaríase aos xa realizados nos exercicios anteriores, que posicionaron á autoestrada galega coma unha das máis caras da Unión Europea, o que ten un impacto directo sobre as economías das familias galegas, pois a AP-9 é a vía principal de comunicación da comunidade, conectando a 5 das súas 7 principais cidades, isto é, ao redor do 70% da súa poboación.

Ademais disto, hai que engadir as evidentes dúbidas sobre a legalidade da concesión vixente a AUDASA para a xestión de dita autoestrada, ampliada dende o ano 2023 ata o 2048 mediante o Real Decreto 173/2000, de 4 de febreiro, polo que se realizou a construción do tramo da autoestrada de acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón. Esta cuestión está sinalada pola Comisión Europea por unha posible ilegalidade ao non se abrir a licitación pública para ditas obras.

Durante os últimos anos, os prezos das peaxes non deixaron de subir, ao mesmo tempo que subían os beneficios da empresa concesionaria, AUSADA. As malas decisións políticas tomadas pola Xunta de Galicia e o goberno de Jose María Aznar, están dando lugar a que os tramos das autoestradas máis utilizadas en Galicia subiran máis do 80% nos últimos 20 anos, uns prezos que van directamente das carteiras dos galegos e galegas ás arcas de AUDASA.

Mentres noutros lugares de España conséguese o traspaso das autoestradas, a súa nacionalización ou a súa gratuidade, coma é o caso de Sevilla-Cádiz, Turia-Alicante, Cataluña ou Madrid, en Galicia seguimos a soportar uns prezos escandalosos por algo máis de 200 kilómetros de norte a sur, unha cuestión que consideramos inxusta.

Se ben é certo, o pasado ano, grazas ao acordo de orzamentos asinado polo goberno de coalición no que participa Galicia en Común, conseguimos a bonificación nas viaxes de ida e volta en toda a AP-9, un primeiro paso para aliviar ás economías familiares á hora de desprazarse polo principal vial galego, pero unha medida que queda insuficiente, e máis cando AUDASA aproveita os peores momentos da nosa sociedade para solicitar o aumento das tarifas.

Centrándonos na nosa cidade, parécenos importante poñer de manifesto que o traxecto da AP-9 máis utilizado pola cidadanía ferrolá, polas relacións laborais, educativas, sanitarias, administrativas e de ocio que compartimos, é o tramo Ferrol-A Coruña, un tramo que conta cun servizo de autocares nefasto que acumula denuncias día tras día pois non é adecuado nin suficiente e cun tren do século pasado que non é cubre as necesidades de transporte entre as dúas cidade. Agora, coa subida das tarifas da AP-9, as conexións entre Ferrol e A Coruña vense de novo afectadas pois practicamente é un luxo viaxar dunha cidade a outra, pasando a custar 5,50€ por traxecto, algo totalmente inasumible para a veciñanza que ten que desprazarse con regularidade e un prezo intolerable para os 50km que nos separan.

Ferrol precisa mellorar todas as súas conexións de transporte e Galicia precisa ter unha autoestrada propia, pública e gratuíta. Por este motivo, FeC levará a Pleno unha moción coa que instar ao Ministerio de Transporte a que tome medidas fronte a subida do 9,38% que ten previsto realizar AUDASA e traballe de cara a traspasar a xestión das autoestradas aos galegos e galegas converténdoas en 100% públicas e gratuítas.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress