Ferrol, 12 de decembro de 2022

Ferrol en Común quere manifestar o seu total e absoluto desacordo coa xestión levada a cabo polo goberno local en relación ao Poboado de Nadal deste ano, un evento que viña de ser un éxito nos últimos tempos, tanto de afluencia de público coma dos propios expositores e artesáns.

O concelleiro Suso Basterrechea explica que “este fracaso en dita xestión ven propiciado en primeiro lugar por un cambio na concellería que se encargaba da actividade, o que significou un tremendo erro”. En segundo lugar, “o descontrol coa suposta empresa que aínda non estaba asignada pero sen embargo facía ás xestións coma sí o estivera, enviando formularios cos elevados prezos ao sector da artesanía é outra cuestión que non se pode permitir”, enumera o edil, lembrando que “os prezos estaban preto dos 1000€ o máis baixo, case o que supón o aluguer durante un mes dun baixo no centro da cidade”.

Ademais disto, Basterrechea cualifica de “oscurantismo” toda a xestión do goberno local, que foi preguntado varias veces en Comisión sen dar resposta, unha actitude que se repetiu co colectivo de artesáns que levaban 2 meses interesándose polo evento sen ter ningunha resposta ata que lles chegou fai uns días a información cos prezos.

FeC, coma non pode ser doutra maneira, apoia ao sector da artesanía, un colectivo especialmente fráxil e que atopaba nestas datas un impulso coas ventas e un aire necesario para continuar o resto do ano co seu traballo.

Suso Basterrechea indica que “é lamentable que o goberno local non asuma o seu fracaso de xestión e trate de expandir entre os propios artesáns, a prensa e os grupos da oposición as culpas dunha nefasta xestión pola súa parte que nos deixa sen Mercado de Nadal, un evento que animaba á cidade nestas datas e incentivaba o consumo local e a artesanía local”.