Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC denuncia a ausencia total dos talleres artísticos que tiñan lugar en Ferrol e do premio Máximo Ramos

Publicada el diciembre 21, 2022diciembre 21, 2022

Ferrol, 21 de decembro de 2022

Dende Ferrol en Común vimos de observar nos últimos tempos os diferentes proxectos referidos ao espazo do Sanchez de Aguilera e sorpréndenos o descoñecemento que mostran as forzas políticas locais sobre a existencia do que se pode considerar coma o único taller cultural municipal, referímonos á aula de cerámica, perfectamente equipada con fornos e outros elementos que fan un espazo absolutamente adecuado para a practica e ensino desta disciplina.

Sen embargo, non podemos asombrarnos deste descoñecemento xa que no que vai de mandato non se ten realizado nin un so curso de cerámica, unha práctica habitual dende fai moitos anos que se desenrolaba dende a area de cultura ou dende a area de muller, e que tiña unha enorme aceptación, pois sempre se esgotaban as prazas existentes, quedando xente en lista de agarda.

Cando FeC volva a xestionar a cultura desta cidade, dará continuidade a este taller municipal, pois entendemos que é fundamental no que ten que ver con esta area, unha area na que tampouco houbo ningunha actividade relacionada co taller de gravado existente no Centro Torrente Ballester, absolutamente abandonado durante este mandado.

Este taller era un complemento ao premio Maximo Ramos de Gravado, o máis importante do estado e o mellor dotado economicamente. Un premio que é, ou máis ben era, unha auténtica xoia da vida cultural da cidade e que servía para encher os fondos artísticos do Concello. O certame tiña carácter bianual, e despois de advertir fai meses ao goberno local que de non ser convocado este ano xa irían dúas edicións que non se celebra, entendemos que vai quedar en branco durante o goberno de Angel Mato.

Dende Ferrol en Común consideramos unha autentica deixadez e un total abandono das artes plásticas por parte do goberno local, unhas artes que dalgún xeito permitían á cidadanía non ser soamente espectadores da cultura se non realizar o papel de creadores da mesma a través dos taller formativos que xa non se fan dende o concello.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress