Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC anuncia ao seu candidato para as eleccións municipais

Publicada el diciembre 23, 2022diciembre 23, 2022

Ferrol, 23 de decembro de 2022

Esta mañá, Jorge Suárez, ofreceu unha rolda de prensa para anunciar a súa candidatura coma cabeza de lista de Ferrol en Común dentro do proceso de primarias que se está a levar a cabo na nosa organización e que rematará o vindeiro martes 27 de decembro coa votación e ratificación da mesma pola Asemblea de FeC.

Jorge Suárez é o único candidato que se presentou para liderar o noso espazo cara as eleccións municipais de maio de 2023. Arroupado por parte da organización, Suárez, agradeceu ás persoas que avalaron a súa candidatura e ao traballo realizado todo este tempo polas persoas da organización, “que manteñen FeC activo e vivo para que sega sendo a alternativa á esquerda do PSOE”. Así mesmo, lembrou a Fernando Miramontes, Vicente Couce e Conchita, coma referentes da loita obreira, grazas aos cales podemos gozar de moitos dos dereitos que temos hoxe, lembrándonos de onde vimos.

Suárez explicaba que da un paso adiante “con ilusión e ganas de ensanchar o espazo político a outras organizacións e facela o máis ampla posible, abrindo as nosas fronteiras políticas a toda a sociedade civil que queira construír canda nós un proxecto colectivo de esquerdas para Ferrol”.

“Agora toca un importante traballo de aquí a futuro”, indicaba Suárez, que consistirá en fortalecer un proxecto centrado no social e no humano, que mire máis cara a cidadanía e non ás grandes multinacionais, que ofreza solucións a problemas concretos e cotiás, que devolva a cultura a nosa cidade, blinde o benestar social, mire cara a xuventude, loite polos traballos dignos, free a crise demográfica, impulse a sostenibilidade e ofreza alternativas industriais.

En canto ao traballo orgánico “poñerémonos a negociar dende xa con outras forzas políticas que queiran acompañarnos neste proxecto e tamén estableceremos os grupos de traballo para que actualicen un programa que contempla un proxecto de cidade consolidado, pero que hay que adaptar á situación actual” explicaba o candidato de FeC, convidando a toda a sociedade, asociacións culturais, entidades sociais, ao tecido sindical, asociacións veciñais… “a participar na construción dende o cooperativismo dunha alternativa de cidade, coma espazo aberto e participativo que somos, fronte ao que nos poida ofrecer o vello e coñecido bipartidismo, que xa está algo caduco”.

“Se algo aprendimos nos últimos anos é que o ruído non conduce máis que a desencanto da sociedade, sobre todo á parte máis nova, afastando á cidadanía da política” reflexionaba Suárez, “polo que cremos que hai que construír deixando a un lado o ruído e ser conscientes de que a cidadanía agarda que se lle poñan solución aos seus problemas cotiás” e niso traballemos dende Ferrol en Común.

Parar rematar, o candidato fixo fincapé en que “son temos de sumar e de xuntar cantas máis voces mellor”, emprazando a todas as persoas que compartan a nosa visión a participar no noso espazo. “Temos gañas, temos ilusión e daremos a batalla ata o día das eleccións municipais tratando de ser unha alternativa cun proxecto colectivo de esquerdas que goberne esta cidade”, finalizaba Suárez.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress