Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común fai balance do 2022

Publicada el diciembre 29, 2022diciembre 29, 2022

Ferrol, 29 de decembro de 2022

Ferrol en Común considera o ano 2022 do goberno de Mato coma un ano en branco para a cidade de Ferrol. Jorge Suárez explicaba que “logo de ter aprobados uns orzamentos no ano anterior, no 2021, co apoio de Ferrol en Común, ningunha das propostas fundamentais que nos levaron a levantar a man e votar a favor foron desenvolvidas”. Lembremos que propostas coma o local social para Ultramar, a remodelación da Praza Vella, a reurbanización da Praza Rosalía de Castro, o estudo dunha renda básica municipal ou a rehabilitación dos interiores das vivendas de Recimil, que quedou nun pequeno proxecto piloto, non se levaron a cabo neste tempo. En definitiva, “todos e cada un dos proxectos que FeC impulsou dialogando cos veciños e veciñas da cidade foron metidos nun caixón e unicamente asuntos personalistas coma a rúa da igrexa, valorada en 5 millóns de euros, son as que está a desenvolver o goberno de Mato, que pensa nunha cidade deseñada á marxe da cidadanía” afirmaba Suárez.

Dende FeC cremos que as grandes necesidades de Ferrol, por exemplo as múltiples infraestruturas que sofren deterioro e deficiencias, non están solventadas nin tan se queira iniciadas, pese ao noso espírito construtivo. Un espírito que se mostra cada vez que votamos a favor do saneamento do rural no Pleno do Concello, impulsando unha emenda conxunta de todos os grupos municipais aos Orzamentos Xerais do Estado para conseguir a mellora da liña ferroviaria Ferrol – A Coruña ou nas manifestacións nas que participamos coma as da mellora do transporte público por autoestrada entre Ferrol e o resto de cidades, cuestións que non serviron para que o goberno impulsara unha maioría progresista que dera lugar a investimentos reais nestas materias.

Así mesmo, consideramos que os grandes problemas vinculados á dependencia da nosa cidade ao naval público non están a ser solucionados, pois non existe unha política de diversificación industrial, nin actuacións neste sentido que por exemplo, invistan en formación en empregos e oficios vinculados ao sector industrial, unha cuestión que dende logo é responsabilidade tanto do goberno local coma da Xunta de Galicia.

Sen embargo, un novo ano comeza e de cara a 2023 Ferrol en Común seguirá coa man tendida para construír unha cidade máis sostible no ecolóxico; máis feminista, impulsado actividades na Casa da Muller totalmente desaparecidas durante este mandato; máis centrada no benestar social, máis alá de políticas de caridade, tratando de impulsar a apertura dos comedores senior; máis culturalmente achegada á cidadanía, en lugar de espectáculos que case ninguén sabe que se celebran. Dende FeC, “volveremos a recuperar a axenda dunha cidade que pense na veciñanza e non nos grandes titulares e na obtención de méritos dentro dos grandes partidos que utilizan a política municipal para saltar a outros entes superiores”, indicaba o concelleiro.

“Ferrol en Común aposta por dialogar coa veciñanza para dar resposta aos seus problemas e necesidades, por unha participación que durante este mandato non existe e por tratar de sacar do illamento a este «goberno búnker», coa man tendida e tratando de construír en positivo para conseguir que as eleccións municipais de maio reforcen á esquerda da nosa cidade”, remataba Jorge Suárez.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress