Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC considera vergoñento o anunciado peche da biblioteca municipal

Publicada el enero 9, 2023enero 9, 2023

Ferrol, 3 de xaneiro de 2022.

Malia as numerosas advertencias da precaria situación en que se atoparía a biblioteca municipal de Ferrol, tanto por parte dos grupos municipais como das organización sindicais, traballadoras do servizo e mesmo persoas usuarias en multitude de mensaxes en redes sociais, onte consumouse o que FeC viña anunciando: o servizo máis demandado e valorado co Concello de Ferrol, que palía moitas situacións de soidade, que expande o coñecemento e serve de lugar de estudo de moitos dos nosos veciños e veciñas, vese obrigado a pechar as súas portas por falta de persoal en horario de tarde, quedando unicamente ao servizo daquelas persoas que non teñen un horario laboral ordinario.

Logo de anos de constante deterioro, o goberno de Ángel Mato foi incapaz de facer o que estaba nas súas mans e fixeron os gobernos anteriores, buscar fórmulas para suplir a merma de persoal do servizo co fin de continuar tendo unha Biblioteca Municipal referente a nivel comarcal, e que continúa sendo o servizo público máis demandado, grazas á profesionalidade dos funcionarios, que manteñen con éxito e vivos programas como Contacontos Atlántica e que, incluso fóra de horario, procuran paliar a neglixencia e desinterese do goberno nela e, por extensión, en todo o relacionado na cultura nos útimos tres anos e medio.

O tándem Mato – Golpe continúa pechado no seu búnker particular, pensando que o paso do tempo pode solucionar algún problema, estigmatizando a todos aqueles que elevan a voz contra a súa xestión e, sen ningún tipo de inciativa ou ambición, non se dan conta de que abocan de forma inconsciente e temeraria ou ben ao peche do servizo, ou ben á súa privatización, malia a todas as voces de alarma que nos últimos anos están a advertir da situación.

Ferrol en Común insta a que nos últimos meses de mandato se poña algunha solución, que blinde este servizo público e garanta a súa continuidade, consensuando solucións co cadro de persoal e co resto de grupos, dende xa poñéndonos a disposición para ofrecer solucións políticas e administrativas que melloren a prestación do servizo e deixen de deteriorar a imaxe exterior da nosa cidade.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress