Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC demanda melloras nas pistas de tenis de A Malata

Publicada el enero 16, 2023enero 16, 2023

Ferrol, 12 de xaneiro de 2023

Esta fin de semana terá lugar o Campionato Galego por Equipos de Categorias de tenis, que ten entre outras sedes de competición, as pistas municipais de A Malata. En concreto, as categorías disputadas na nosa cidade serán a absoluta feminina, absoluta masculina e veteranos.

Actualmente, pese á aprobación dunha moción no pasado Pleno de novembro referente ao mantemento destas pistas de tenis, pese aos constantes requerimentos desde Ferrol en Común neste sentido e incluso despois de que esta mesma semana puxéramonos en contacto cos responsables municipais para o seu arranxo, encontrámonos cunhas pistas altamente perigosas, cubertas de verdín e que provocan nos usuarios e usuarias constantes caídas e unha grave posibilidade de lesión.

Dende FeC, entendemos que a limpeza e posta a punto das pistas de tenis é unha actuación sencilla que soamente implica a persoal municipal e que xa se realizou en diferentes ocasións durante o noso mandato para levar un mantemento regular das mesmas pero agora mesmo non podemos dicir o mesmo, xa que están totalmente abandoadas.

Somos coñecedores de que esta última semana, e coma resposta da nosa protesta, houbo unha pequena actuación nunha das pistas, pero totalmente insuficiente para garantir o normal desenrolo da competición galega de tenis, ademais de transmitir unha imaxen absolutamente lamentable da nosa cidade e supoñer en caso de accidente un grave problema tanto para el Concello coma para el club de tenis.

Ferrol en Común insiste na necesidade de unha actuación directa e urxente sobre as pistas de tenis que tan só precisan a vontade de realizarse, máis aló de outras actuacións máis complexas que tamén son necesarias. Por isto, demandamos que se poñan todos os medios necesarios para solventar esta situación de xeito inmediato.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress