Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal

Publicada el enero 17, 2023enero 17, 2023

Ferrol, 12 de xaneiro de 2023

A Bibioteca Municipal da nosa cidade leva en deterioro máis dun ano, tempo suficiente para que o goberno local buscara solucións aos problemas que ían aparecendo e aos problemas que sabía que ía a vir, coma o que está a pasar agora, que soamente conta con 4 traballadoras polo que o seu horario de apertura veuse reducido a tan só a mañá.

A biblioteca dunha cidade é un servizo público e fundamental que debera coidarse por calquera goberno que ocupe o Pazo Municipal, pero levamos moito tempo vendo coma a Angel Mato impórtalle moi pouco a biblioteca e todo o que ten que ver coa cultura da cidade, pois nin escoita nin dialoga, nin aplica as solucións que existen para volver a ter unha biblioteca a pleno rendemento.

Ante esta situación inaudita, Ferrol en Común quere poñer en valor a implicación total das traballadoras da biblioteca e a súa loita por impedir un peche que cada vez parece estar máis preto, mentres o Alcalde da cidade comparte nas súas redes sociais o horario das bibliotecas e espazos de estudo do Campus Universitario de Ferrol.

FeC alertou multitude de veces do perigo de chegar a esta situación na que a biblioteca da cidade atópase en “rebaixas” e tamén instou ao goberno local a traballar na búsqueda de solucións, pero semelle que é unha cuestión que non lles preocupa o máis mínimo.

Por todo isto, queremos facer constar o noso total apoio ás traballadoras da biblioteca, aos usuarios e usuarias que non poden utilizar un servizo público nas condicións adecuadas e en definitiva, apoiar a manifestación convocada para o luns 23 de xaneiro ás 18.00h na propia Biblioteca Municipal arengando a toda a veciñanza a acudir á cita.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress