Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol

Publicada el enero 18, 2023enero 18, 2023

Ferrol, 18 de xaneiro de 2022

No día de onte, vimos de rexistrar unha queixa ante rexistro para trasladar o noso malestar polo uso das redes sociais oficiais do Concello de Ferrol por parte do goberno municipal.

Entendemos que esa canle de comunicación é a oficial do Concello de Ferrol, é dicir, da Administración Pública local, que serve en moitos casos para publicitar o traballo do goberno local, por exemplo cando se anuncia unha futura obra, coma para informar á veciñanza dos diferentes eventos, coma pode ser o corte dunha rúa ou o horario da Cabalgata. Así mesmo, tamén se usa para informar dos actos institucionais aos que asiste toda a corporación, tanto goberno coma oposición, en representación da nosa cidade. Por este motivo, cando a intención é comunicar unha recepción, unha entrega de premios ou calquera acto nos que participa toda a corporación é unha absoluta falta de respecto omitir a presenza dos concelleiros e concelleiras da oposición, pois forman parte do Concello de Ferrol igual que o goberno local.

É habitual ver nas redes sociais do Concello coma as fotos de actos institucionais aparecen recortadas ou soamente se nomea aos membros do goberno como asistentes ao acto o que supón un uso partidista dunha canle de comunicación oficial da institución local.

Polo que, agardamos que a partir de agora se proceda a non realizar estas prácticas pouco elegantes coma mínimo en canto aos actos institucionais do Concello de Ferrol aos que asistimos, ademais do propio goberno, membros da oposición coma integrantes da corporación municipal e por tanto, representantes do Concello de Ferrol. 

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress