Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS)

Publicada el enero 18, 2023enero 18, 2023

Ferrol, 18 de xaneiro de 2022

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible, tamén chamado PMUS, foi rexeitado polo Pleno da corporación o pasado mes de xuño, que sacou os votos favorables de Ferrol en Común e os votos en contra do BNG e o Partido Popular. Logo deste rexeitamento, o PMUS foi metido nun caixón polo goberno de Angel Mato, “unha cuestión que consideramos grave, pois é un plan absolutamente necesario para transformar a cidade, para levar adiante humanizacións e peonalizacións necesarias para que Ferrol sexa atractiva e para contribuír cunha cidade sostible ao desenvolvemento socio-económico” explica Jorge Suárez, pero e que ademais disto, pérdense 1 millón 700 mil euros de fondos públicos, obtidos a través da subvención EDUSI, uns investimentos que se conseguiron no mandato de FeC.

Lembremos que estes fondos europeos acadados no mandato pasado sumaban unha totalidade de 10 millóns de euros. O concelleiro explicaba que “a cidade veciña, Narón, xa aplicou a parte que lle correspondía, sen embargo debido a mala xestión do goberno de Angel Mato, a nosa parte, que corresponde ao proxecto da Estrada de Castela, aínda non está executada e vanse perder os fondos se antes de final de ano non se ten ningunha obra executada, para o cal é imprescindible ter aprobado o Plan de Mobilidade”.

A irresponsabilidade e a falta de diálogo do goberno municipal que non quere cambiar nin unha coma do Plan, nin establecer negociacións con outras forzas políticas, incluso estando en minoría é algo que xa vivimos co conflicto de parques e xardíns, co contrato de recollida de residuos ou agora coa biblitoeca municipal, onde o dialogo é nulo e estanse a xerar graves déficits estruturais no Concello de Ferrol.

“Esta actitude irresponsable vai provocar que se dilapiden 1,7 millóns de euros de fondos públicos acadados grazas ao esforzo e traballo de Ferrol en Común e que xa tiñan que estar desenvoltos no primeiro quilómetro da Estrada de Castela, pero pola neglixencia do Señor Mato isto non vai ser posible”, afirmaba Suárez.

Dende FeC, cremos que estamos a tempo de rectificar e o goberno municipal debería negociar antes de final de mandato para sacar adiante o Plan de Mobilidade Urbana Sostible, que non só é importante para acadar esta subvención de fondos europeos se non para construír un modelo de cidade diferente ao actual que poida seguir a senda da sostenibilidade e doutras cidades que xa teñen moi avanzado esta cuestión coma Pontevedra, Lugo ou mesmo a cidade veciña, Narón, que xa está a desenvolver actuacións neste sentido.

Ferrol en Común considera que non podemos quedarnos atrás no avance da cidade e para iso, ás veces, hai que ser máis tolerantes e negociar as posicións propias para conseguir acordos que sexan aprobados no Pleno da corporación.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress