Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC celebra que a súa proposta sobre as beirarrúas de Pazos inclúase no POS 2023

Publicada el febrero 10, 2023febrero 10, 2023

Ferrol, 10 de febreiro de 2023

Está mañá viñemos de coñecer en Comisión Extraordinaria de Urbanismo, Medio Ambiente, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación a proposta sobre o Plan Único de Concellos 2023 (POS) que o goberno local vai levar ao Pleno Extraordinario deste luns e que votaremos a favor, aínda que temos que catalogalo de agridoce por varios motivos.

Por un lado, consideramos positivo que se sega a cumprir o acordo de destinar integramente o orzamento contemplado no POS á zona rural, unha cuestión que consideramos fundamental xa que supón un importante recurso para dar solución ás demandas do rural. Así mesmo, cónstanos que as intervencións incluídas neste Plan están consensuados coa Agrupación da Zona Rural, cousa que aplaudimos.

Na mesma liña, celebramos que se inclúa neste POS a nosa achega relativa á obra da 2º fase das beirarrúas de Pazos, unha demanda da veciñanza na que se debe seguir avanzando para mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria nesta zona altamente transitada.

Sen embargo, coma xa denunciamos noutras ocasións, dende FeC consideramos que a Deputación da Coruña está a maltratar a nosa cidade destinando unha cantidade moi inferior a que se viña consignando en anualidades anteriores. Sen ir máis lonxe, no ano 2018 Ferrol contaba co dobre de investimento no Plan de Obras e Servizos. Este recorte nos fondos da Deputación significa que gran parte da zona rural queda sen apenas dotación para acometer as demandas que cada ano precisan.

Dende FeC consideramos que no futuro haberá que traballar máis e mellor para conseguir que a Deputación da Coruña invista máis fondos na nosa cidade a través destes programas cos que se acometen gran parte das obras dunha zona rural que ten demasiadas demandas sen atender.

AnoPOS+POS Adicional
2018859.037,55€180.850€ + 86.419€
2019753.659€444.600€
2020534.845€45.325€ + 169.971€
2021477.554€158.120€ + 282.358€
2022316.572€56.988€
2023429.568,91€56.922,63€

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress