Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC visita el local de Teima para recoller as demandas da entidade

Publicada el febrero 14, 2023febrero 14, 2023

Ferrol, 14 de febreiro de 2022

Jorge Suárez, xunto con parte do equipo de FeC, visitou onte á tarde o local da asociación Teima Down en Ferrol co obxectivo de manter unha xuntanza coa directiva e tomar nota das súas demandas, ademais de visitar ás instalacións, traballadoras e usuarias, coas que tivo a oportunidade de intercambiar impresións.

Dende FeC consideramos fundamental coñecer de primeira man o traballo que realizan asociacións coma Teima, con máis de 70 familias usuarias ás que dan formación, apoio e preparación para integrarse nunha sociedade que avanza lentamente cara a verdadeira inclusión.

O funcionamento desta Asociación, coma ocorre en moitas outras, depende en gran medida da colaboración coas diferentes administracións públicas, non só con recursos económicos se non tamén a través de programas de emprego ou melloras en algo tan básico coma o transporte público, unha reivindicación na que Teima incide xa que moitas das persoas que acoden ao centro teñen que desprazarse dende diferentes puntos da comarca nun transporte absolutamente deficiente.

Na nosa xuntanza puidemos recoller varias propostas de cara a mellorar as políticas municipais de benestar social e en definitiva, a vida das persoas. Fomentar o centro de emprego, impulsar o deporte realmente inclusivo ou pular por unha Mesa de Benestar Social que actúe coma órgano asesor da concelleira de benestar, son propostas que compartirmos e que sen dúbida incluiremos na nosa folla de ruta.

No mesmo eido, queremos destacar unha medida que consideramos viable e necesaria para apoiar a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual, a reserva de prazas na OPE do Concello para persoas con discapacidade intelectual, ao marxe do 7% reservado para persoas con discapacidade xeral, deste xeito apoiaríase a inserción laboral para conseguir unha inclusión real.

Ferrol en Común agradece á Teima a súa disposición para manter esta xuntanza, explicarnos as súas necesidades e facernos chegar diferentes propostas que seguro enriqueceran o noso programa para facer de Ferrol unha cidade inclusiva de verdade.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress