Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC reclama comunicación coa veciñanza no trascurso da obra das Pías

Publicada el febrero 16, 2023febrero 16, 2023

Ferrol, 16 de febreiro de 2023

Dende Ferrol en Común celebramos no seu día que por fin se comezaran as obras do proxecto de humanización das Pías que unen O Bertón e Caranza, un traballo levado a cabo conxuntamente polos tres últimos gobernos municipais e unha actuación imprescindible para mellorar a conexión entre barrios.

Somos conscientes de que cualqueira obra xera unha molestia de xeito natural que non é agradable para a veciñanza, sobre todo naqueles que teñen que sufrila directamente na súa porta e afectando ao seu día a día, pero por desgraza é o único camiño para ver a nosa cidade medrar, mellorar e progresar.

Sen embargo, dende FeC, consideramos intolerable que non haxa información dispoñible para a cidadanía en canto as obras que se ten previsto realizar ou as que xa se están realizando, coma é o caso da veciñanza de Caranza e a obra das Pías. Neste barrio viven máis de 12.000 veciños e veciñas que se están a ver afectadas por unha obra de humanización que vai durar 2 anos, descubrindo cada día de xeito sorpresivo que se eliminou unha parada de bus, que unha vía está cortada ou que se eliminan pasos de peóns.

Esta nula comunicación é unha falta de respecto aos miles de cidadáns que teñen que mudar os seus hábitos de vida en vista dunha obra da que non dispoñen de información. Sen ir máis lonxe, no día de onte 15 de febreiro, foron avisados a través dun cartaz na valla de obra de que se ía a pechar o Scalestri, que lles comunica co barrio do Bertón, sen dar máis detalles máis aló da indicación de que teñen coma alternativa o paso inferior, claramente inseguro, con inundacións frecuentes e sen iluminación adecuada, ou a pasarela metálica, que non é accesible pola súa pendente, nin segura polo seu deterioro.

Este inconvinte súmase a moitos outros coma o corte do túnel da rúa Nova de Caranza que leva meses pechado e sen alternativas ou a inactividade da obra das Pías durante mes e medio sen explicacións, dando unha imaxe de que o propio goberno local é unha mera comparsa de Fomento.

Ferrol en Común sempre defendeu a participación e a comunicación coas entidades, os grupos e a veciñanza, por este motivo e pola envergadura da obra das Pías e a súa larga duración, esiximos que tanto o goberno local coma Fomento dea explicacións claras sobre o seu calendario de actuacións e as repercusións que terá na vida cotiá da xente do barrio a través dunha xuntanza conxunta con representantes veciñais e grupos municipais.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress