Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC fará unha aposta clara polo deporte da cidade

Publicada el febrero 16, 2023febrero 16, 2023

Ferrol, 16 de febreiro de 2023

Na tarde de onte, o noso candidato, Jorge Suárez, acompañado por outros membros de Ferrol en Común, visitou unha parte das instalacións de FIMO e as pistas de A Malata para comprobar de primeira man o que xa sabíamos, as instalacións deportivas da nosa cidade atópanse nun total deterioro.

As naves de FIMO que funcionan como espazos deportivos están a albergar un gran número de disciplinas deportivas que non gozan das mellores condicións para a súa práctica. Adestran entre goteiras e fochancas, sen vestiarios, con frío e cun sin fin de carencias que debemos solventar dende as diferentes administracións. Así mesmo, o mantemento e limpeza das instalacións é practicamente nulo de non ser polos propios clubs que se preocupan polos espazos que están a usar.

Xa nas pistas de A Malata puidemos comprobar que o estado das instalacións non mellora. As pistas de atletismo, o campo de rugby ou as pistas de tenis non cumpren cunhas condicións óptimas para desenrolar a práctica deportiva, provocando un risco para os deportistas.

Esta situación límite ameaza con destruír o rico tecido deportivo que temos en Ferrol. Todas as administracións, Xunta, Deputación e Concello, deben implicarse no mantemento e mellora das instalacións deportivas con investimentos suficientes, rápidos e urxentes a través dun calendario acordado cos clubs para solventar un panorama caótico do que somos responsables as forzas políticas.

Dende Ferrol en Común non imos botar balóns fora e somos conscientes da parte de culpa que temos nesta cuestión, precisamente por iso, porque é unha débeda pendente para nós, debemos comprometernos co deporte ferrolán e as súas necesidades. Pero este compromiso debe transcender ó ámbito partidista e converterse nunha cuestión de cidade, para dar resposta a unha sociedade involucrada cos valores de convivencia e respecto que transmite o deporte.

Dende Ferrol en Común faremos unha aposta clara polo deporte da cidade, defendendo a recuperación do Padroado de Deportes, que debe converterse nun órgano de escoita dos clubs da cidade e resolución dos seus problemas, ademais de levar a cabo un plan de obras e mantemento das instalacións deportivas con dotación económica suficiente para afrontar todos os arranxos e melloras precisas.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress