Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC ven de presentar dúas moción para que se cumpra o acordo de orzamentos

Publicada el febrero 21, 2023febrero 21, 2023

Ferrol, 21 de febreiro de 2022

Ferrol en Común rexistrou o pasado venres dúas moción no mesmo sentido, demandarlle ao goberno local o cumprimento do acordo orzamentario, en relación aos proxectos da Praza Vella e a Praza Rosalía de Castro. Este último ano vemos coma os proxectos propios do goberno local saen adiante mentres os acordados por ambas forzas quedaron en mero papel mollado. A inclusión da Praza Vella e da Praza Rosalía de Castro no acordo de orzamentos non foi un capricho de Ferrol en Común, se non que son unha demanda veciñal e unha necesidade para a nosa cidade.

O barrio de Ferrol Vello leva demasiados anos entre a despoboación e o abandono e é agora cando se lle está empezando a dar impulso. Logo de desenvolver diferentes proxectos, xa durante o noso mandato, coma as reurbanizacións de Manuel Comellas ou Carme Curuxeiras e os proxectos de Espartero e San Francisco que se atopa agora en execución, o seguinte paso sería rehabilitar integramente a Praza Vella, para convertela nun lugar de ocio e desfrute da veciñanza sendo a peza clave da rehabilitación do barrio.

Do mesmo xeito, a Praza Rosalía de Castro supón unha verdadeira necesidade dado o estado lamentable no que se atopa e que xa foi denunciado por activa e por pasiva, por veciñanza e por oposición, en multitude de ocasión. No acordo de orzamentos estaba consignada a cantidade de 50.000€ para o 2021 e 450.000€ para o 2022, cantidades que non foron executadas máis aló da elección por parte dos veciños e veciñas dun modelo de proxecto para a Praza.

Con estas dúas mocións queremos poñer de manifesto que existen outras obras necesarias para a cidade ao marxe dos 5 millóns de euros da rúa Igrexa ou o millón de euros para unha cafetería. Do mesmo xeito, asinar un acordo de orzamentos conleva unha seriedade e confianza que o goberno local non está a demostrar, faltando a súa palabra e xerando desconfianza, non só para nós se non tamén para a veciñanza, polo que ten agora a oportunidade de corrixir esta actitude e traballar para cumprir o acordo de orzamentos asinado.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress