Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC chama á mobilización co gallo do Día da Clase Obreira Galega

Publicada el marzo 9, 2023marzo 9, 2023

Ferrol, 9 de marzo de 2023

Dende 1972, o 10 de marzo está presente na loita da clase obreira. Naquela data, aínda en anos da opresión franquista, os traballadores e traballadoras de Bazán saíron a rúa para protestar polas súas condicións laborais e foron vítimas da represión da ditadura sesgando a vida de Amador e Daniel. Non esquecemos nin os dramáticos feitos, nin a valente loita obreira que se levou a cabo e que hoxe marca o noso camiño para reivindicar un futuro para a nosa comarca.

A comarca leva anos malvivindo con investimentos mínimos por parte do Estado pero moitas promesas que parece que están moi preto pero nunca acaban de chegar. O sector naval é o motor do noso territorio e del dependen miles de postos de traballo tanto directos, coma sobre todo indirectos, polo que é necesario que o goberno do estado mire cara o norte e sexa consciente da realidade que se está a vivir en Ferrolterra.

Pero non só podemos depender do naval, senón que temos que diversificar o emprego e apostar por unha industrialización da nosa comarca, con empregos de calidade que deixen atrás a precariedade laboral.

Sabemos que hai opcións, sabemos que hai oportunidades e moitas promesas ás portas das eleccións municipais pero é preciso que se materialicen e se dote á nosa comarca dun plan real, con obxectivos a longo prazo e investimentos consignados para desenvolver unha industria que podería converternos nunha referencia dentro do noso país.

O espírito da clase obreira segue vivo e este 10M sairemos a rúa porque sobran os motivos para seguir loitando pola nosa comarca, polo seu futuro, polo dereito da mocidade a desenvolver a súa vida cun emprego digno na súa cidade, polo traballo de calidade e porque existen opcións que poden devolver á luz a nosa comarca.

Dende Ferrol en Común, apoiamos a manifestación convocada para mañá, 10 de marzo, e que sairá ás 11.00h da porta de Navantia para chegar ás 11.30 á ofrenda floral no Monumento ao 10 de Marzo que cada ano organiza o Concello de Ferrol.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress