Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC visita o centro loxístico de LIDL para amosar o seu apoio e anuncia moción neste sentido

Publicada el marzo 14, 2023marzo 14, 2023

Ferrol, 14 de marzo de 2023

Esta mañá estivemos no almacén loxístico que a empresa Lidl Supermercados ten no Polígono Río do Pozo en Narón e que distribúe non só as tendas de Ferrolterra, senón tamén a toda Galicia, Asturias e parte de Castilla e León, cunha plantilla de 150 traballadores e traballadoras, todas veciñas da comarca de Ferrolterra.

Practicamente o 100% do persoal atópanse en folga indefinida dende o 14 de febreiro por incumprimento do convenio, sobrecarga de traballo e realización de horas extraordinarias por riba das 80 horas extras anuais permitidas,polo que demandan máis persoal e mellores condicións laborais.

Tal e coma contáronos os traballadores/as está mañá, en todo este tempo a empresa non está aberta a negociación e nin se queira a escoitar as demandas dos traballadores/as, polo que é moi difícil acercar posturas e chegar a acordos sendo a única opción a folga. Sen embargo, o que si que está a facer a empresa, é boicotear o dereito a folga enviando a empregados/as doutros centros a realizar o traballo dos folguistas. Por isto, pola vulneración do dereito fundamental de folga, terá lugar un xuízo o vindeiro martes 21 de marzo.

Ferrol en Común quixo amosar o seu apoio a todos os traballadores e traballadoras do centro loxístico de LIDL e escoitar a problemática que os mantén en folga dende fai un mes. Por todo isto, presentaremos unha moción no vindeiro Pleno onde pediremos o apoio de toda a corporación e instaremos á Xunta de Galicia a exercer as súas competencias coma autoridade laboral.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress