Ferrol en Común estivo esta mañá cos traballadores do Servizo de Parques e Xardíns do Concello de Ferrol na concentración nas portas do xulgado, previa ao xuízo que se celebrou este mesmo dia en relación á demanda presentada por estes mesmos traballadores por vulneración do dereito fundamental de folga.

Ferrol en Común amosa todo o seu apoio aos traballadores deste servizo. Coma sempre, FeC é unha organización que se preocupa pola clase traballadora e que dirixe parte das súas políticas a defender a mellora das súas condicións laborais, polo que nesta ocasión, é importante posicionarnos do seu lado e apoialos e denunciar xunto a eles este feito.