Ferrol, 17 de maio de 2023

Esta mañá, o candidato á Alcaldía de FeC e outras persoas da candidatura e de Ferrol en Común, percorrimos o interior do cuartel do Sánchez Aguilera da mán de Carlos Sánchez Mato, responsable de economía de Izquierda Unida, unha visita que Jorge Suárez agradeceu non só por vir ata a nosa cidade senón por compartir a súa experiencia política e plena disposición.

Despois do recorrido Carlos Sánchez Mato destacou o que todas pensamos que “estes 90.000 metros son un expoñente do mal uso do patrimonio público, neste caso por parte do Ministerio de Defensa, e da enorme potencialidade que teñen estes terreos dentro dunha utilización adecuada coa que mellorar a vida dos ferroláns e ferrolás”.

Así mesmo, Sánchez Mato, consideraba que “é necesario evitar que o control deste espazo siga en máns do Ministerio de Defensa e ten que estar a disposición do Concello de Ferrol para que neste caso, Jorge Suárez, que xa pensou no pasado os seus usos, poida agora poñelos en marcha”.

O responsable de Izquierda Unida celebraba que “o PSOE colleu o guante das petición que levamos facendo anos á hora de darlle uso a este tipo de patrimonio, non só á hora de facer vivenda social que ás veces é imprescinsible pero neste caso non é clave para Ferrol, senón tamén para darlle uso de equipamentos públicos a estes espazos”.

Pola súa banda, Jorge Suárez, explicaba que “máis do 20% do chan está ocupado por defensa e está a tratarnos coma se fósemos un comprador máis, levando a cabo unha operación de especulación privada na que a cidadanía queda nun segundo plano”.

Durante o noso mandato intentamos negociar incontables veces un modelo de convenio que non fose unha “enagenación de bienes” baseada nunha operación que só sirve para financiar armamento para o Ministerio de Defensa e convertendo estes terreos nun obxetivo para facer negocio.

Coma xa explicamos no seu momento, a cidade pedía desbloquear este convenio e en consecuencia actúo Ferrol en Común, pero seguimos a ter unha opinión diferente ao PSOE e Partido Popular sobre o total do usos deste terreo do Sánchez Aguilera, onde eles só buscan “construír un centro comercial que dilapidará as esperanzas do rexurdimento do comercio local e frear as poucas iniciativas que se poderían desenvolver na rehabilización das 9000 vivendas baleiras da cidade” explicaba Suárez.

Valoramos que o PSOE agora aposte pola construción de vivenda social neste terreo pero “chega tarde e a aposta da nosa cidade debe pasar pola rehabilización, coa compra directa de inmuebles, a posta en marcha de  obradoiros de emprego e a posta a disposición das vivendas rehabilitadas ás persoas que teñen dificultades para o seu acceso, coma a mocidade”, apuntaba o candidato de FeC.

Dende o primeiro momento xa dixemos que o Sánchez Aguilera “ten que ter un uso participado, preguntándolle aos veciños e veciñas que queren facer cos 90.000 metros cadrados e entre todos e todas decidiremos o futuro deste espazo que pasa por zonas verdes, edificios dotacionais coma a sede xudicial ou o edificio universitario” afirmaba Jorge Suárez.