Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Grupo Municipal 2023|2027
    • Concelleiros e concelleiras de FeC
    • Mocións
  • Programa electoral 2023|2027
  • Contacta
FERROL EN COMÚN

Programa Electoral 2023|2027

Consultar programa
Consultar programa adaptado a lectura fácil

Ferrol necesita ser escoitado. Precisa que a túa voz conte para mudar a política municipal. Para que o goberno sexa unha ferramenta útil na transformación social, na conquista de dereitos, nunha mellor xestión en beneficio das persoas e o seu benestar.

Ferrol en Común quere contar con esas voces que reivindican máis participación, que queren combater os gobernos das elites que toman decisións unilaterais ao servizo dun partido. Nós somos xente coma ti, sen ataduras nin dependencias alleas, somos unha lista de persoas avaladas por unha asemblea, profesores, representantes da cultura, traballadores do metal, da sanidade,… todas elas persoas con ansia dun Ferrol máis libre, igual e xusto.

Vimos dun ciclo complexo. Un ciclo de catro anos onde o goberno deu as costas á cidadanía, que observaba perplexa o malgasto en grandes proxectos urbanísticos onde a xente non tivo nin voz nin voto, onde os barrios fóra do centro e a zona rural eran desprezados, as vulnerables, o deporte, a cultura, o mantemento ordinario de iluminación,  limpeza, zonas verdes ou reparación de viais eran aspectos secundarios, antepoñendo o titular a realidade.

Ferrol en Común cre nunha forma diferente de gobernar, onde a audacia supere aos medos, onde a forza da cidade sexa a voz compartida da súa veciñanza, onde os investimentos públicos sexan postos alí onde se necesitan: nas oportunidades de inserción laboral, na posta a disposición de vivenda pública, no benestar e nunha cidade máis amigable, verde e sostible.

Úneste? Contamos contigo!

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Ferrol en Común solicita unha xunta de voceiros con carácter urxente co fin de adoptar unha decisión racional sobre os restos arqueolóxicos atopados na Rúa San Francisco. septiembre 21, 2023
  • Ferrol en Común insta á convocatoria do Consello Escolar Municipal para posicionarse contra os recortes no CEIP San Xoan septiembre 21, 2023
  • FeC realiza achegas ao borrador dos orzamentos municipais agosto 22, 2023
  • Ferrol en Común presenta achegas para mellorar o novo Regulamento de Organización Interna agosto 18, 2023
  • FeC propón coma festivo o martes de entroido agosto 18, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress