Esther Estévez

Nacín en Ferrol fai 58 anos.

Cursei a diplomatura de maxisterio na Coruña e ,despois dalgún traballo esporádico,saquei as oposicións no ano 1.985.

Sacando o meu primeiro ano de traballo con praza provisional en Boiro,sempre vivín en Ferrol.

Dende o ano 1991 teño a miña praza definitiva no CEIP Recimil, onde teño pensado agardar a miña xubilación, e vivo en Canido.

Participo activamente na vida dos meus dous barrios.Nun dende o meu posto de traballo e no outro na miña  vida persoal.

Políticamente sempre votei(dende que mo permitiron ) por Esquerda Unida .

Presenteime as elecións municipais de 1.987 coa honra de acompañar a Fernando Miramontes, toda unha referencia en Ferrol.

Volvo a presentarme a estas elecións porque creo firmemente que as persoas do común,as minorías, os inmigrantes e as nenas e nenos teñen que estar representadas neste Concello para que sexa Un lugar para todas.

×