Irene Fernández Lorenzo

Nacín en Ferrol no 1959

Licenciada en Psicoloxía, especialidade Psicoloxía Social e do Traballo, na Universidade de Santiago de Compostela.

Teño formación en: Xestión de Recursos Humanos e Xestión en Contabilidade e Administración.

Traballei na empresa privada, no sector da industria da madeira e o moble

Dende 2015 colaboro de voluntaria nunha ONG, que traballa no ámbito psico-educativo e social, a través de proxectos dirixidos a menores, mulleres, maiores, minorías étnicas e persoas sin recursos.

Son responsable, traballadora e comprometida

Góstame disfrutar da arte e a natureza

Quero unha cidade sostible, integradora, sen desigualdade social , unha cidade na que se conxunte o rural co urbano, para disfrute de todas e todos

×