Malay Sobrín Sueiras

María del Mar Sobrín Sueiras. Nacín en 1961 en Bembibre -León- vivo en Ferrol desde 1969. Estudei o bacharelato no IES Sofía Casanova e a licenciatura en xeografía e historia na Universidade de Santiago (1979-1984). Desde 1990 son funcionaria da Consellería de Educación, exercendo como profesora de secundaria e bacharelato no IES Ricardo Carballo Calero de Caranza,

Desde 1990 afiliada a CCOO e desde 2015 a Esquerda Unida e Ferrol en Común. Actualmente membro do Consello Político Local de EU.

Partindo do meu compromiso coa defensa da educación pública, desempeñei tarefas de vicedirectora, responsable do Sistema de Xestión de Calidade e de coordinación de proxectos de igualdade no meu centro de traballo. Comecei a traballar no ámbito político desde Esquerda Unida e Ferrol en Común. Entendo a miña participación política como deber cívico na defensa dos servizos públicos, especialmente da educación e da cultura. 

×