Manolo Castro Bouzas

Nado o 26 de setembro de 1966 n’ A Coruña. O meu pai traballou no mar ata a súa xubilación, e a miña nai se dedicou a atendernos á miña irmá e máis a min. Estudei Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Fun o primeiro residente de Psicoloxía Clínica da Área de Ferrol. E comecei traballar como Psicólogo Clínico na Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Servizo de Psiquiatría dende o ano 1998. Entre os anos 2003 a 2004 estiven como Asesor Preadhesión na República de Letonia, no marco dos Proxectos Phare, para a súa adaptación ó entorno, e de modo previo á súa incorporación, da Unión Europea. Actualmente son psicólogo clínico dentro da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica e titor responsable dos residentes de Psicoloxía Clínica na XXIF. E pai, ademais. 

Iso combínoo con ser membro da Xunta de Persoal como membro de CIG-saúde.

No persoal vivín na A Coruña, en Ortigueira e actualmente en Ferrol. 

A miña idea de goberno municipal é contribuír a poñer os medios para un concello transparente e accesible para os veciños, no que non haxa sobres para pagar ou para cobrar favores políticos; un concello no que se dean os pasos para remunicipalizar con garantías os servizos que dende o público se lle dan ós veciños; un concello que dignifique e semente a cultura galega mediante o traballo cos máis pequenos; un concello no que se apoie e se facilite a actividade dos pequenos e medianos comercio e industria, máis achegados ó tecido social local; un concello no que se promova a conservación e utilización do patrimonio urbanístico, para darlle vida ós edificios e o retorno dos veciños a zonas actualmente despoboadas.

×