Miguel Rodríguez Paz

Son Miguel Rodríguez Paz, nacín o día 5 de abril de 1961 en Ferrol, cidade na que vivo desde aquela, residindo nos barrios do Inferniño, Canido, e actualmente na estrada de Catabois.

Cursei os estudos de Arquitectura Técnica na Universidade de Santiago de Compostela, e dado que desde sempre son un apaixoado da arquitectura singular, o meu Traballo de Fin de Carreira consistíu nun Proxecto de Reforma do Teatro Renacimiento. Rematei os estudos en 1987, e desde aquela adícome a esta profesión levando, entre outras obras, a execución do Parque de Bombeiros de Ferrol.

Hai 8 anos participei como socio fundador da creación da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros de Catabois (ECHO Catabois), na que levo participando en tódalas Xuntas Directivas. Desde hai catro anos ata agora, exercín a Presidencia da devandita Asociación co fin de dinamizar e poñer en valor esa zona da cidade de Ferrol.

Téñome por una persoa colaborativa e fundamentalmente empática, con ganas de traballar pola miña cidade.

Quero un modelo de cidade na que prime a humanización e a accesibilidade, una cidade para disfrutar, para investir e na que poidamos convivir, tendo empregos duradeiros e de calidade, que sexa #Lugar de todas

×