Rafael Rodríguez Martínez

Rafael Rodríguez Martínez, nacín en Canido, Ferrol, un 16 de abril de 1962, é dicir, teño 56 anos;  traballo nos institutos de Canido e Ferrol Vello como mestre de pedagoxía terapéutica e con programas de de formación profesional básica; son voluntario en entidades sen ánimo de lucro de carácter sociosanitario e cultural; a acción política e a sindical son o terceiro piar da miña vida que se ve recompensada por poder gozar da miña familia e das miñas amizades.

Outro mundo mellor é posible; pensa globalmente, actúa localmente; vive con paixón a túa vida; o traballo en equipo sempre é máis produtivo, son frases, entre outras, que emprego como pautas de conduta.

Ferrol, lugar de todas onde cada persoa teña un proxecto de vida digno; onde cada persoa desenvolva de xeito integral a súa personalidade; onde  se respecte ás persoas por ser muller ou home; onde sexa un valor engadido ter unha discapacidade, ser  inmigrante, ser dunha minoría étnica, ter unha orientación sexual ou ser unha persoa maior. Ferrol, un lugar de todas onde paga a pena vivir.

×