Sari Alabau Albors

Nacín en Valencia, en novembro de 1946. Estudiei Ciencias Físicas na Facultade de Ciencias da Universidade de Valencia. Cheguei a Ferrol en outubro do 70. Traballei na Jorge Juan de Perlio, durante os cursos 70-71 e 71-72. A partir do ano 77 traballei no  Colexio San Rosendo, en Canido, ata a miña xubilación no ano 2.012. No ano 1976 fun a vivir a Narón. Encabecei a lista do PCG en dito Concello no ano 1979. Fun concelleira dende o ano 1079 ata 1987. Sempre participei no movemento asociativo dos barrios onde vivin. No ano 2006, volvin a vivir en Ferrol, sendo concelleira por EU dende 2007 a 2011, formando parte da candidatura encabezada por Yolanda Díaz. Dende decembro de 2012, formo parte da Xunta Directiva de Asfedro e dende 2018 presido dita entidade. Dende a miña xubilación participo como voluntaria, no taller de promoción de Caranza, onde coñecin de primeira man a problemática do colectivo xitano. Formó parte desta candidatura, porque creo firmemente neste proxecto, que ten que completarse cunha nova lexislatura.

×